ACT TV 2020
ESPECIAL
05 Ago 2020
Ondarroa marca o paso de ecuador
O domingo Ondarroa acollerá a XXXVI. Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia e a III Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia
Ondarroa pechará a primeira fin de semana de competición de agosto coa desputa no domingo da décima xornada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, onde se porán en xogo a XXXVI. Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia e a III Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia.
A xornada do domingo comezará coa desputa da regata feminina ás 11:40 horas onde Orio Arraunketa Elkartea, Donostiarra Lacturale, Donostia Arraun Lagunak e Hondarribia Bertako Igogailuak porán en xogo a penúltima bandeira da tempada da Liga Euskotren. Estas embarcacións completarán unha distancia dunha milla náutica e media (2.778 metros) con dous longos e unha ceavoga.
A seguir será a vez da XXXVI. Ondarroako Bandea – Cikautxo Sari Nagusia onde os clubs da Liga Eusko Label percorrerán unha distancia de tres millas náuticas con catro longos e tres ceavogas. Os 12 clubs estarán divididos en tres quendas organizadas en base á clasificación final da regata desputada no sábado en Hondarribia.