Novas 2014
DISCIPLINA
30 Xul 2014
Declaración Oficial: Procedemento arbitral
Onte tivo lugar na sede de la ACT o procedemento arbitral
Despois da celebración no día de onte na sede da ACT das audiencias dos procedementos arbitrais, procédese pola Asociación a informar de canto segue:
- Desestimouse polo Árbitro o recurso proposto por Bermeo AE, a respecto da celebración da sesión asemblearia universal celebrada no día 19 de maio de 2014, ficando ratificada a validez do acordado polos socios non accedendo á recusación da xuíza de disciplina da asociación solicitada por Bermeo AE.
- Nos vindeiros días emitirase o laudo correspondiente á impugnación presentada por oito asociados frente á xuíza de disciplina sobre a infracción das normas de dopaxe derivadas da chamada “operación estrobo”. Tras da emisión deste laudo emitirase pola ACT, no seu caso, unha breve nota de prensa para xeral coñecemento do acordado polo Árbitro.
- Acto seguido, emitido o laudo referido no epígrafe anterior, procederase a concluír o procedemento arbitral ligado co acordo adoptado polo xuíz de competición no que concirne a determinados aspectos que afectan ao cumprimento da sanción disciplinaria imposta a Bermeo AE. Despois da emisión deste laudo emitirase pola ACT, no seu caso, unha breve nota de prensa para xeral coñecimento do acordado polo Árbitro.