Novas 2015

COMPETICION

02 Xul 2015

Moaña completa o fin de semana galego

Moaña completa o fin de semana galego

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XXXIII Bandeira Concello de Moaña – V GP Fandicosta

O vindeiro domingo, a partir das 12:00 horas porase en xogo a XXXIII Bandeira Concello de Moaña – V GP Fandicosta na localidade pontevedresa de Moaña, correspondente á terceira xornada da Liga San Miguel. Nesta regata, os 12 participantes farán unha distancia total de tres millas náuticas divididas en catro longos e tres viradas en balizas. As balizas interiores deste campo de regatas estarán situadas frente o espigón de Tirán.

Ao se desputar esta regata en domingo, a composición das quendas dependerá do que suceda na xornada de sábado en Sanxenxo, polo que se definirá unha vez que se oficialice a clasificación da III Bandeira Nauta Sanxenxo. Esta mañá celebrouse a presentación desta XXXIII Bandeira Concello de Moaña – V GP Fandicosta no Concello de Moaña na que estiveron presentes Leticia Santos, alcaldesa da localidade; Marta Freire, tenente alcalde de Moaña; Juan Tenorio, presidente de Tirán Pereira; e Santiago Fenollera, representante de Fandicosta. Todos quixeron facer un chamamento aos afeccionados ao remo para gozaren deste espectáculo de remo de máximo nivel que ofrece a Liga San Miguel.

Voltar