Novas 2017
ESPECIAL
19 Xul 2017
Pasaia énchese de cor
O vindeiro domingo ás 12.00 horas desputarán na localidade guipuscoana a Bandeira Adegi e a Bandeira Diputación
O vindeiro domingo 22 de xullo, a partir das 12.00 horas, terá lugar na Baía de Pasaia a primeira edición da Bandeira Adegi. A localidade guipuscoana acollerá un ano máis unha das xornadas máis singulares do calendario da Eusko Label Liga. A peculiaridade desta bandeira radica en que, ao ser o campo de regatas máis curto do normal, as tres millas náuticas que deberán percorrer as 12 tripulacións estarán divididas en seis longos e cinco ceavogas. Neste acto tamén se presentou a Bandeira Diputación, correspondente á cuarta xornada da Liga Euskotren.
Esta mañá celebrouse o acto de presentación desta Bandeira Adegi no Concello de Pasaia, e nela estiveron presentes Goizane Álvarez, Directora da Area de Mocidade e Deporte; Izaskun Gómez, alcaldesa de Pasaia; José Miguel Ayerza, Director Xeral de Adegi; Xabi Arraras, presidente de San Juan Sumelec; e Antxon Corman, presidente de San Pedro.