Novas 2017

ESPECIAL

10 Ago 2017

A primeira de Ondarroa

A primeira de Ondarroa

A localidade biscaína acollerá este domingo a primeira regata na máxima categoría do remo

Tras unha boa primeira metade de tempada para a ‘Antiguako Ama’, á traiñeira biscaína tócalle agora enfrontar o reto de dar unha boa imaxe na primeira regata como local na loita pola Coroa CaixaBank. A XXXIII. Ondarroako Bandera – Cikautxo Sari Nagusia terá lugar este domingo a partir das 12.00 horas e desputarase no formato habitual de tres millas náuticas, divididas en catro longos e tres ceavogas. As balizas interiores estarán situadas frente o espigón exterior do porto de Ondarroa, de onde poderán seguir a regata todos os que se acheguen até a localidade biscaína. Ao ser unha xornada que se desputa en domingo, as quendas estarán compostas en base á clasificación final da Hondarribiko XXX. Bandera – GP Mapfre.

A presentación desta bandeira tivo lugar hoxe ao mediodía na Antiga Confraría de Ondarroa e na mesma estiveron presentes Zunbeltz Bedialauneta, alcalde de Ondarroa; Unai Barrenetxea, deputado de Deportes do Concello de Ondarroa; Gorka Elordi, presidente de Ondarroa Cikautxo; e Gotzon Juaristi, Presidente de Cikautxo.

Dossier da regata

Voltar