Novas 2012
COMPETICION
12 Xul 2012
MOAÑA E FANDICOSTA HOMENAXEAN Á TRAÍÑA DO CONCELLO: TIRÁN
Os galegos loitarán de novo para levarse a súa Bandeira, na súa casa
De O Grove a Moaña. Da ría de Arousa á de Vigo. A Liga San Miguel completa a súa fin de semana galega saltando de Norte a Sur. 6ª regata puntuábel da liga, e cita especial onde as haxa para a S.D. Tirán, xa que remarán diante da súa parroquia. Se puidesen elixir unha bandeira, os galegos elixirían a XXX BANDEIRA CONCELLO DE MOAÑA - II GP FANDICOSTA. Son claros candidatos. Coñecen os segredos da ría mellor que ninguén, e remar á beira das mellores, na quenda de honra, daralles máis forza se cabe.
Este mediodía presentouse a regata no Concello de Moaña, presidido polo Alcalde de Moaña, Sr. José Fervenza. Tamén contou coa presenza da o concelleiro de deportes do Concello de Moaña, Sr. Jorge Santomé, o presidente do Club S.D. Tirán, Sr. Ángel Costas, e o Sr. Borja Tenorio, representando Fandicosta. Lembramos que a regata comezará ás 12:00 do mediodía, e que as quendas se establecerán baseándose na clasificación da regata disputada na véspera en O Grove.