Novas 2019

ESPECIAL

13 Set 2019

Dúas grandes bandeiras, no último suspiro da Eusko Label Liga

Dúas grandes bandeiras, no último suspiro da Eusko Label Liga

Logo de 20 xornadas, a elite do remo despedirase esta tempada en Bermeo e Portugalete

A Eusko Label Liga chega ao seu fin nesta fin de semana con dúas clásicas regatas como son a Bermeo Hiriko XXXVII. Bandera - Avia Sari Nagusia e a XLIX GP - XLV Bandeira El Corte Inglés. Nesta última galardoarase ao campión coa Coroa CaixaBank e tamén coñeceremos os clasificados no playoff da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren.

O sábado ás 18:00 horas a Eusko Label Liga chegará a augas de Bermeo para pór en xogo a Bermeo Hiriko XXXVII. Bandera - Avia Sari Nagusia e desputar a primeira das dúas xornadas das que se compón o playoff da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren. No caso da regata feminina, Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancín e Zumaia Salegi Jatetxea loitarán por un posto na elite na modalidade de contra o reloxo. Despois, San Pedro, Zarautz Babyauto, CR Ares, Deusto Bilbao e SD Tirán desputarán tamén en formato contra o reloxo a primeira batalla polas dúas prazas que darán dereito a remar na Eusko Label Liga a vindeira tempada.

Despois dos dous playoff poranse en xogo a Bermeo Hiriko XXXVII. Bandera - Avia Sari Nagusia onde participarán as primeiras oito clasificadas da Eusko Label Liga. Divididas en dúas quendas e co formato clásico de liña con catro carreiros, cun percurso de tres millas repartidas en catro longos e tres ceavogas. Na primeira quenda vogarán Cabo, Ondarroa Cikautxo, Donostiarra e Urdaibai Avia; e na de honra farano Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto. Cómpre lembrar que os aguiluchos teñen unha vantaxe de 15 puntos sobre a “Ama Guadalupekoa, segundo clasificada, e abóndalles con ficaren tres postos por detrás dos bidasoarras para se proclamaren matematicamente campións. Ademais, o ano pasado a “San Nikolas” foi quen levou a bandeira de Bermeo rexistrando un tempo de 20’41”16, mentres que o mellor tempo fíxoo a Ama Guadalupekoa no 2014 ao parar o crono en 19'16"60. 

O domingo chegará a vez da XLIX GP - XLV Bandeira El Corte Inglés, a xornada que pechará a tempada. As tres tripulacións que optan a un posto da elite feminina abrirán a xornada a partir das 11:40. Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancín e Zumaia Salegi Jatetxea vogarán en formato de contra o reloxo con dous longos e una ceavoga, e collerán a saída en orde inversa á clasificación da regata do día anterior en Bermeo. Logo desta regata coñecerase á vencedora do playoff e, polo tanto, á cuarta participante da Liga Euskotren 2020.

A segunda quenda a se desputar será o playoff da Eusko Label Liga. Tambén en formato de contra o reloxo, San Pedro, Zarautz Babyauto, CR Ares, Deusto Bilbao e SD Tirán partirán en orde inversa á clasificación do día anterior en Bermeo para realizaren catro longos e tres ceavogas cun total de tres millas náuticas. Despois desta regata coñeceremos as dúas embarcacións que completarán a Eusko Label Liga do vindeiro.

De seguido, desputarase a XLIX GP - XLV Bandeira El Corte Inglés, correspondente á vixésima e derradeira xornada da Eusko Label Liga. En formato de liña participarán na primeira quenda Cabo, Ondarroa Cikautxo, Donostiarra e Urdaibai Avia. E na de honra farano Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto. Tras destas dúas regatas procederase a coroar coa Coroa CaixaBank ao campión da Eusko Label Liga 2019.

No ano pasado foi GO fit Hondarribia quen gañou a bandeira cun tempo de 19’40”09, mentres que Castro ostenta o mellor tempo rexistrado na proba con 18'58"70 en 2009. 

Voltar