Novas 2017
ESPECIAL
24 Ago 2017
A Eusko Label Liga voga en Moaña
Esta mañá presentouse a décimo quinta xornada da competición no Concello da localidade pontevedresa
Moaña acollerá esta fin de semana a XXXV Bandeira Concello de Moaña – VII GP Fandicosta na que as 12 embarcacións da Eusko Label Liga voltarán verse as caras en augas galegas. O encontro organizado en colaboración pola ACT e SD Tirán será este sábado a partir das 18.00 horas, onde as embarcacións terán que remar nunha proba en liña de tres millas de distancia.
Esta xornada corresponde á décimo quinta da batalla pola Coroa CaixaBank, e a orde de saída, como no resto de regatas que restan por se desputar esta tempada, definirase segundo a clasificación xeral da Eusko Label Liga. Así, na primeira quenda remarán Astillero, Ares, Cabo e San Pedro. Xa na segunda estarán Ondarroa Cikautxo, Tirán Pereira, San Juan Sumelec e Zierbena Bahías de Bizkaia. Mentres que Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avia serán quen compoñan a quenda de honra.
Na presentación celebrada esta mañá no Concello de Moaña estiveron presentes Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Marta Freire, tenente alcalde do Concello; Juan Tenorio, presidente de Tirán Pereira; José Manuel Sotelo, de Tirán Pereira; e Alfredo Campuzano, Director de Recursos Humanos de Fandicosta.