Novas 2017
ESPECIAL
22 Set 2017
A terceira de Ioseba Amunarriz
O da ‘Ama Guadalupekoa’ foi coroado por terceira vez como Mellor Patrón da competició
Ioseba Amunarriz foi coroado hoxe como Mellor Patrón CaixaBank da Eusko Label Liga na cea de patróns anual celebrada na Sociedade Ondartza de Zarutz. Cómpre salientar que Amunarriz ficará con este galardón en propiedade, ao telo gañado xa en tres ocasións (2009, 2012 e 2017), sendo o primeiro en chegar a esta cifra de vitorias.
O acto contou coa presenza dunha ampla representación de patróns da Eusko Label liga e da Liga Euskotren. Antes de proceder á entrega do Trofeo ao da ‘Ama Guadalupekoa’, realizouse unha homenaxe aos gañadores da edición pasada, Endika Pérez e Unai Oliden (San Juan Sumelec), aos que se lles fixo entrega da réplica da traiñeira de prata. Acto seguido procedeuse a entregar o Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón a Ioseba Amunarriz, quen da man de Itziar Egaña. directora da Área de negocios de CaixaBank en Donostialdea, tamén recibiu o cheque por valor de 3.000 euros.
O hondarribiarra rematou a tempada con 18 puntos no alto da clasificación. O segundo clasificado foi Iñigo Larrinaga, de Ondarroa Cikautxo, con 16 puntos, quen até a última xornada puxo en perigo a vitoria de Amunarriz. O terceiro chanzo do podio foi para Iker Gimeno, patrón de Kaiku Producha, tendo colleitado 9 puntos ao longo da tempada.
Cómpre salientar que Ioseba Amunarriz é, con tres (2009, 2012 e 2017), o patrón con máis vitorias neste trofeo, seguido por Asier Zurinaga (2011 e 2013) e Endika Pérez (2015 e 2016) con cadansúas dúas vitoria. Unai Oliden (2016), Vicente Carpintero (2014), Aitor Carrillo (2010) e Irakoitz Etxeberria (2008) tamén contan con unha vitoria neste premio.