Novas 2021

COMPETICION

10 Xul 2021

Zierbena Bahías de Bizkaia e Donostia Arraun Lagunak reinan en Donostia

Zierbena Bahías de Bizkaia e Donostia Arraun Lagunak reinan en Donostia Zierbena Bahías de Bizkaia e Donostia Arraun Lagunak reinan en Donostia

Os galipos gañan a XIII. Bandeira Donostiarra - Turismo Castilla-La Mancha antes da súa regata e Arraun Lagunak segue a liderar a Liga EuskoTren

Zierbena Bahías de Bizkaia conquista a súa primeira bandeira da tempada por diante de Go Fit Hondaribia e Santurtzi Transportes y Gruas Aguado despois de dominaren na quenda de honra dende a 2ª ceavoga. Os de Juan Zunzunegi souberon cando meter máis unha marcha e lideraron a quenda de honra até cruzaren a liña de meta. Con esta vitoria, os biscaínos subiron até a 2ª praza da clasificación xeral con 31 puntos, a apenas un punto da Sotera de Santurtzi. A quenda de honra de mañá completarona Go Fit Hondarribia (27 puntos) e Orio Orialki (25 pts).

Pola súa parte, Óscar Hermo foi o mellor patrón da XIII. Bandeira Donostiarra - Turismo Castilla-La Mancha e consegue subir até o terceiro chanzo da xeral de mellor patrón. Mentres, Gorka Aranberri de Santurtzi Transportes y Gruas Aguado mantén o liderado canda a Arkaitz Diaz de Donostiarra Amenabar. 

Arraun Lagunak domina a regata do comezo ao remate e conquista a V. Bandeira Donostiarra - Turismo Castilla-La Mancha. As donostiarras impuxéronse con claridade por diante de Orio Orialki, que entraba a 7”. Por detrás, Hondarribia Bertako Igogailuak cruzaba a liña de meta a 11” e Donostiarra Lacturale facíao con 12” perdidos. Deste xeito, Arraun Lagunak segue a dominar na xeral con 11 puntos, sobre os 9 de Orio Orialki, os 6 de Donostiarra Lacturale e os 4 de Hondarribia Bertako Igogailuak.


Pola súa banda, a mellor patroa segue a ser Miren Garmendia (Hondarribia), que nesta regata suma 3 puntos máis acadando a media ducia de puntos. 
Un saúdo,

Voltar