Novas 2019

COMPETICION

16 Ago 2019

Zarautz abre a xeira final

Zarautz abre a xeira final

A doble xornada zarauztarra pecha a Liga Euskotren e marca o comezo do fin da tempada da Eusko Label Liga

Poucos encontros están tan sinalados no calendario como o desta fin de semana.A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren desembarcan en Zarautz para por en xogo a XLII. Zarauzko Estropadak e a Zarauzko XI. Ikurriña respectivamente. Ambas bandeiras desputaranse a dobre xornada, o sábado a partir das 18:00 horas e o domingo a partir das 11:40 horas. O gañador da bandeira sairá da suma dos tempos de ambas as dúas xornadas.

As embarcacións da Eusko Label Liga vogarán divididas en tres quendas. O sábado farano en base á clasificación xeral, mentres que a do domingo comporase en base á clasificación da primeira xornada. As traiñeiras masculinas competirán en formato de liña tendo que cubrir unha distancia de 3 millas repartidas en catro longos e realizando 3 ceavogas.  

Nas últimas 16 edicións da bandeira, Kaiku (4), Orio Babyauto (3), Castro (3), Urdaibai Avia (3), GO fit Hondarribia (2) e Astillero Repsol Electricidad y Gas (1) repartiron os triunfos. A edición do ano pasado foi para os da “Ama Guadalupekoa, quen xa se impuxeron tamén no ano 2015. O récord do campo de regatas está en mans de “La Marinera” de Castro, que no 2008 realizou un tempo acumulado de 38'56"72. Unha vez pasada esta fin de semana apenas ficarán catro xornadas para darmos por rematada a competición, polo que comeza a quenda final para os clubs e para ver as súas aspiracións.

O encontro da liga feminina desputarase tamén en formato de liña con dous longos e unha ceavoga, cubrindo así a distancia estipulada de 1,5 millas. Na Liga Euskotren xa se coñece a campioa de Liga, que non é outra que Orio Babyauto que certificou o seu primeiro lugar o domingo pasado en Hondarribia. As aguiluchas recibirán logo da regata do domingo o Trofeo Euskotren que as acredita por primeira vez na súa historia como campioas da Liga Euskotren da tempada 2019. Tamén, este ano as oriotarras tentarán facérense coa XI. Zarauzko Ikurriña por primeira vez. O pasado curso, San Juan impúxose na X Zarauzko Ikurriña por quinta vez consecutiva. Porén, o récord feminino do campo de regatas osténtao Getaria - Tolosa (2011) cun tempo de 21'15"22.

As balizas interiores estarán colocadas pasado Alle Punta e a Fan Zone da Eusko Label Liga estará situada na Musika Plaza para que os afeccionados poidan seguir a regata do mellor xeito acompañados dos mellores produtos.

Voltar