Novas 2023

ASOCIACION

18 Set 2023

Valoración positiva da tempada

Valoración positiva da tempada

Borja Rodrigo, Presidente da ACT, valora positivamente a tempada deportiva, mentres asegura que están a traballar xa na tempada 2024.  
 

Unha vez rematada a tempada deportiva tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren, é o momento de valorar o transcurso das dúas competicións e comezar a traballar na seguinte tempada.

O Presidente da Asociación Clubs de Traiñeiras, Borja Rodrigo, amósase satisfeito co devir das dúas competicións. "Da ACT facemos unha valoración positiva da tempada 2023, porque transcorreu todo con normalidade e dentro duns camiños lóxicos nunha competición como a nosa, sen grandes sobresaltos", afirma Rodrigo.

A ampliación da Liga Euskotren a oito participantes foi un dos aspectos que quixo salientar Rodrigo. "Sen dúbida aportou unha nova dimensión e máis interese. Abarcar máis tripulacións fai que haxa máis en xogo e máis diversidade e variedade, á marxe dese obxectivo que temos marcado de seguirmos a traballar na igualdade no mundo do remo", asegura o presidente.  

Tamén afirma que están a deseñar, planificar e traballar na tempada 2024, "non apenas a confeccionar un calendario interesante tanto para os clubs como para os afeccionados, senón tamén introducindo melloras a nivel técnico, a nivel de competición ou noutros aspectos que vimos identificando".
 

Voltar