Novas 2021
COMPETICION
18 Set 2021
Santurtzi remonta en Bermeo e Tolosaldea e Getaria dan un paso moi importante nos playoffs
A Sotera acariña unha nova Coroa CaixaBank, mentres que no playoffs Tolosaldea e Getaria vencen na primeira xornada
Santurtzi Transportes y Grúas Aguado conquistou unha nova bandeira na tempada ao superaren nas últimas padas a Zierbena Bahías de Bizkaia por 2 segundos na Bermeo Hiriko XXXIX Ikurriña-AVIA SN. Pola súa banda, Go Fit Hondarribia rematou terceiro cedendo 7 segundos, mentres que Bermeo Urdaibai Avia foi cuarto a 10 segundos. Por outra banda, Orio Orialki foi quinta na xornada de hoxe por diante de Donostiarra Amenabar, Ondarroa Cikautxo e CR Cabo da Cruz. Daquela, na clasificación da Coroa CaixaBank a Sotera aumenta nun punto a diferenza coa Ama Guadalupekoa acadando os 8 de renda, mentres que Donostiarra mantén a terceira praza con tres tantos sobre Orio.
Despois da xornada de hoxe, o Mellor Patrón CaixaBank será Arkaitz Díaz a falta dunha derradeira xornada:
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 20 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 16 puntos
3.- Oscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 14 puntos
Tolosaldea e Getaria dan un paso á frente
Nos Playoff, Tolosaldea dominou na contra o reloxo da Liga EuskoTren e rematou impoñéndose con 10” sobre Deusto Tecuni Bilbao, 17” sobre Hondarribia Bertako Igogailuak e 27” sobre Cabo da Cruz. Deste xeito, as tolosarras sumaron 4 puntos, frente os 3 de Deusto, os 2 de Hondarribia e o punto das galegas.
Na categoría masculina Getariako Arraun Elkartea sumou os cinco puntos ao gañaren a 1ª xornada do Playoff da Liga EuskoLabel cunha vantaxe de 3 segundos sobre Samertolameu OverSea e 4 sobre Kaiku Berez Galanta. Por detrás, Tirán Pereira deixou 18 segundos na meta e Bueu Teccarsa 23”.