Novas 2019
COMPETICION
24 Ago 2019
Santurtzi Iberdrola leva a terceira bandeira en augas de Bueu
A ‘Sotera’ leva a II Bandeira Concello de Bueu – Gran Premio Teccarsa-Rehau-Roto na súa terceira vitoria da tempada
Terceira vitoria da tempada para Santurtzi Iberdrola que venceu nos metros finais á ‘Ama Guadalupekoa’ cun crono de 20’06”66. Orio Babyauto segue a liderar a Clasificación Xeral da Eusko Label Liga con 183 puntos, e unha vantaxe de 12 puntos sobre Santurtzi Iberdrola. Pola súa banda, Arkaitz Diaz afiánzase no liderado da Clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón chegando até os 16 puntos.
O sprint final da ‘Sotera’ valeulle ao club de Santurtzi Iberdrola para levaren a vitoria na quenda de honra cun crono de 20’06”66, e unha vantaxe de 0”86 sobre GO fit Hondarribia. Zierbena Bahías de Bizkaia logrou a terceira posición cun crono de 20’10”58 e Orio Babyauto rematou na quinta posición a 11”68 da ‘Sotera’.
Donostiarra leva a segunda quenda nunha grande loita coa ‘Bou Bizkaia’. O tempo dos donostiarras foi de 20’17”20 consiguindo a cuarta posición. Urdaibai Avia foi sexto cun crono de 20’19”10 e Ondarroa Cikautxo rematou na sétima posición con 20’27”68”. Cabo pechou a quenda en oitava posición a 43”86 dos vencedores de hoxe.
Impresionante primeira quenda coa vitoria de Lekittarra, que leva a novena posición cun tempo de 20’58”10. O vídeo finish tivo que decidir o tempo de San Pedro e Astillero Repsol Electricidad y Gas a favor da ‘Libia’ por 6 centésimas, deixando os guipuscoanos na décima posición e os cántabros na décimo primeira praza. Kaiku pechou a regata a 1’21”72 da ‘Sotera’.
Mañá, todo o mundo a Boiro
As embarcacións da Eusko Label Liga trasladaranse mañá até augas de Boiro para desputar a XXIX Bandeira Concello de Boiro a partir das 12:00 horas. Esta será a última xornada da tempada regular da Eusko Label Liga.