Novas 2012

COMPETICION

19 Abr 2012

SANCIÓNS XUÍZ ÚNICO ACT

SANCIÓNS XUÍZ ÚNICO ACT

Coa presente comunicación desde a ACT infórmase que, tras da tramitación dos correspondentes procedementos disciplinarios no seo da asociación, acordouse a imposición das seguintes sancións polos acordos adoptados polo Xuíz Único de Disciplina.

- Á SDR Pedreña unha sanción de multa de 1.001 euros por infracción grave prevista no art. 14 c) do regulamento disciplinario. Os feitos sancionados correspóndense coa realización da preceptiva analítica a ser efectuada aos deportistas no mes de febreiro, e conseguinte remisión dos datos, fóra do prazo fixado na normativa.

- Á Pasai Donibane Koxtape AE unha sanción de multa de 600 euros por infracción leve prevista no art. 15 c) do regulamento disciplinario. Os feitos sancionados correspóndense coa remisión fóra do prazo fixado na normativa dos datos da preceptiva analítica a ser efectuada aos deportistas no mes de febreiro.

- Á SDR Kaiku unha sanción de amonestación pública por infracción leve prevista no art. 15 c) do regulamento disciplinario. Os feitos sancionados correspóndense coa remisión fóra do prazo estabelecido para o efecto do documento de adesión do seu adestrador correspondente á tempada 2012.

- Á SDR Castro Urdiales unha sanción de multa de 600 euros por infracción leve prevista no art. 15 c) do regulamento disciplinario. Os feitos sancionados correspóndense coa presentación fóra do prazo estabelecido ao efecto do documento de adesión do seu médico correspondente á tempada 2012.

Voltar