Novas 2012

COMPETICION

01 Xu˜ 2012

Pedro Andueza novo presidente ACT

Pedro Andueza novo presidente ACT

Trala dimisión da Xunta Directiva Pedro Andueza foi eleixido novo presidente da ACT.

Hoxe vernes 1 de xuño, seguindo a solicitude presentada o pasado 12 de maio por 7 socios da ACT para a celebración dunha asemblea de carácter extraordinario para abordar a revocación de membros da Xunta Directiva e, no caso de seren revocados, elixir os novos integrantes de dito órgao social. Foi celebrada no Hotel Puente Colgante de Portugalete unha Asamblea Extraordinaria Xeral da Asociación de Clubs de Traíñas cos seguintes puntos na orde do día:

1.- Revocación, de proceder, dos membros da Xunta Directiva da asociación.

2.- Caso de se decidir a revocación, elección de Presidente e Xunta Directiva.

Despois dun pequeno debate, a Xunta Directiva presenta a súa dimisión en bloque deixando sen efecto o primeiro punto. Tras un receso de 5 minutos, San Pedro presenta a Pedro Andueza como presidente coa seguinte prancha:

- Presidente: Pedro Andueza
- Secretario: Miguel Bedia - Pedreña
- Tesoureira: Maria Isabel Diago - San juan
- Vocal: José Manuel Sotelo - vocal

Despois da correspondiente votación é nomeada a citada Xunta Directiva, por 8 votos a favor e 4 en contra.

Voltar