Novas 2019
COMPETICION
27 Xul 2019
Orio Babyauto, os máis fortes na ría
Nova dobre vitoria para Orio Babyauto na Santurtziko XL. Ikurriña e na VIII. Bandeira Euskotren hoxe en augas de Santurtzi
Quinta bandeira da tempada para os mozos de Jon Salsamendi, desta vez levando a Santurtziko XL. Ikurriña cun crono de 19’06”62, e unha vantaxe de 6”04 sobre Santurtzi Iberdrola. Deste xeito, os ‘aguiluchos’ aumentan a súa vantaxe na Clasificación Xeral da Eusko Label Liga, e xa se sitúan con 122 puntos, seguidos polos 107 de GO fit Hondarribia, Santurtzi Iberdrola e Zierbena Bahías de Bizkaia. Arkaitz Diaz volta enfundarse o maillote branco que o acredita como Mellor Patrón CaixaBank da competición ao liderar esta clasificación con 13 puntos, seguido polos 8 de Borja Gómez, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia.
Orio Babyauto liderou de principio a fin a primeira quenda de hoxe cun tempo de 10’09”65. Santurtzi Iberdrola conseguiu a segunda posición frente á súa afección ao pararen o crono en 19’12”66. GO fit Hondarribia logrou a terceira posición con 19’15”76 e Zierbena Bahías de Bizkaia pechou a quenda de honra a 18”58 dos vencedores, clasificándose así en cuarta posición.
Donostiarra liderou a segunda quenda cun tempo de 19’25”24 conseguindo a quinta posición na xornada de hoxe. Urdaibai Avia clasificouse en sexta posición cun crono de 19’28”26. Ondarroa Cikautxo e Cabo pecharon a quenda en sétima e oitava posición respectivamente con tempos de 19’32”14 e 19’41”50.
Kaiku fíxose coa vitoria na primeira quenda de hoxe cun tempo de 20’19”40, o que lles dá a novena praza na regata de hoxe. Astillero Repsol Electricidad y Gas foi décima cun tempo de 20’23”66 e Lekittarra Elecnor logrou a décimo primeira posición ao pararen o crono en 20’27”34. San Pedro pechou a clasificación a 1’28”06 dos vencedores de hoxe.
Orio Babyauto reina en Santurtzi
Oitava vitoria da tempada para a ‘Txiki’ de Orio Babyauto logo de levaren a VIII. Bandeira Euskotren esta tarde en augas de Santurtzi. As de Santi Zabaleta conseguiron o ‘trapo’ cun tempo de 13’26”88, e unha vantaxe de 14” sobre Donostia Arraun Lagunak. En terceiro lugar clasificouse Hondarribia Bertako Igogailuak con 13’55”44 e Donostiarra pechou a quenda a 39”60 das vencedoras. Deste xeito, Orio Babyauto segue lider da Liga Euskotren con 35 e Donostia Arraun Lagunak é segunda con 28 puntos. Nadeth Agirre, unha semana máis é a Mellor Patroa da Liga Euskotren con 21 puntos e Andrea Astudillo é segunda con 15.
Vez de Getxo
Mañá a competición moverase para Getxo para a desputa da Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña da Eusko Label Liga e a Getxoko XI. Ikurriña da Liga Euskotren. A xornada de remo dará comezo mañá ás 11:40 horas coa desputa da quenda feminina.