Novas 2019
ESPECIAL
21 Xu˜ 2019
O Prognóstico de Urko Kortajarena
Urko Kortajarena, remeiro de San Pedro, é o encargado de abrir esta sección nesta tempada
Un ano máis volta a sección na que os protagonistas do verán tentan adiviñar o que pode acontecer nas regatas que se desputan cada fin de semana. Este ano, a sección vén da man de BM Supermercados, Official Partner da competición. O primeiro remeiro coa responsabilidade de fixar unha boa marca de acertos é Urko Kortajarena, de San Pedro, quen deseñou a súa aposta para a X Bandeira de Bilbao e para a Bandeira de San Juan de Luz da ARC.
Cómpre salientar que o remeiro guipuscoano xa participou nas anteriores edicións no Pronóstico, sen moito tino, e é por iso que ten unha nova oportunidade para mellorar o seu rexistro.
Cantos acertos terá Urko desta vez?