Novas 2019

ENTREVISTAS

02 Mai 2019

"O obxectivo é estar na segunda quenda"

"O obxectivo é estar na segunda quenda"

Carlos Rodríguez, adestrador de Kaiku amósase ambicioso no inicio de tempada co papel que poden facer os seus este verán na Eusko Label Liga

Con tres Coroas CaixaBank de seu, Kaiku é un dos equipos máis laureados da Eusko Label Liga, aínda que neste último ano tivese que loitar por uns obxectivos totalmente diferentes aos que se marcaba hai uns anos. Logo dun comezo irregular, o equipo sestaoarra rematou salvando a categoría con bastante marxe.

Este ano, baixo o liderado de Carlos Rodriguez, Kaiku dá un paso á frente nas súas aspiracións e tentará meterse na loita por ter un oco na segunda quenda. Non será traballo doado, segundo o adestrador, haberá “dúas ligas totalmente diferenciadas” entre os seis equipos que coparán as posicións de riba e o resto. Estes terán que competir polas dúas prazas restantes da quenda intermedia para non se meter de cheo na loita pola permanencia.

A respecto do plantel, Kaiku presenta un equipo bastante similar ao da pasada campaña, con cinco baixas e seis incorporacións que fan que o equipo biscaíno poida dar continuidade á base do ano pasado.

Voltar