ACT TV 2021
ENTREVISTAS
13 Set 2021
Último paso para entrar na Liga Eusko Label
Cinco aspirantes repartiranse as dúas prazas disponíbeis para a vindeira tempada
Cinco equipos chegan ao playoff da Liga Eusko Label coa intención de conseguiren unha praza das dúas que fican libres na máxima categoría do remo. Bermeo e Portugalete serán os escenarios do playoff cos seus habituais campos de regata e aí decidirase que dous equipos máis participarán na Liga Eusko Label da vindeira tempada.
S.D. Samertoloameu e Club Do Mar Bueu foron as dúas tripulacións gañadoras da Liga Galega, e son os dous equipos que conseguiron o acceso ao playoff.
Na ARC Getariako Arraun Elkartea lidero a clasificación durante case toda a competición, conseguindo unha das dúas prazas para o playoff. Pola súa banda, Kaiku Berez Galanta conseguiu aceder á segunda praza da clasificación na penúltima xornada sacando da mesma a SDR Pedreña Grupo Dynasol.
Na outra cara da moeda está SD Tirán Pereira, que malia completar un bo retorno á Liga Eusko Label, tendo ficado na décimo primeira posición da clasificación terá que defender o seu posto nestas xornadas de promoción.