Novas 2019

COMPETICION

23 Ago 2019

Últimas batallas en augas galegas

Últimas batallas en augas galegas

A Eusko Label Liga achégase pouco a pouco ao seu final en Bueu e Boiro coa décimo sétima e décimo oitava xornada da tempada
 

Restan apenas catro xornadas para que a Eusko Label Liga 2019 finalice. Sendo estas as últimas regatas da tempada, e tendo en conta que a loita está moi axustada, os dous encontros en Galiza serán moi competidas e terán moita importancia para decidir o final da tempada. O sábado, a partir das 18.00 horas, desputarase en Bueu a II Bandeira Concello de Bueu – Gran Premio Teccarsa-Rehau-Roto. Porén, o domingo ás 12.00 horas, a competición trasladarase a Boiro coa XXIX Bandeira Concello de Boiro.

Non é a primera vez que a máxima competición de remo compite en Bueu, xa que no 2014 a Eusko Label Liga desputou aquí a terceira xornada da tempada, a I Bandeira Concello de Bueu, na que Orio Babyauto levou a vitoria cun tempo de 19’51”10, e unha vantaxe de 2” sobre Urdaibai Avia.

Será unha regata con formato de liña coas 12 embarcacións divididas en 3 quendas para realizaren en catro longos con tres ceavogas un total de 3 millas náuticas. As quendas da regata estarán formadas en base á Clasificación Xeral da Eusko Label Liga, polo que na primeira quenda teremos a Astillero Repsol Electricidad y Gas, San Pedro, Lekittarra Elecnor e Kaiku. Na segunda quenda vogarán Cabo, Ondarroa Cikautxo, Urdaibai Avia e Donostiarra. Os encargados de remaren na quenda de honra serán Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto.

O domingo pola súa banda, será a vez da XXIX Bandeira Concello de Boiro. Onde no mesmo formato que o día anterior voltarán vérense as caras as 12 embarcacións da elite do remo, desta vez, en augas de Cabo. A orde de saída tamén virá determinada pola clasificación xeral da Eusko Label Liga.

Na edición do ano pasado, Urdaibai Avia foi a embarcación que se impuxo na Ria de Arousa, realizando un tempo de 19’18”58, cunha vantaxe de 4” sobre Go fit Hondarribia. Ademais, o récord do campo de regatas está en mans dos “txo”, que no 2018 pararon o cronómetro en 19’03”96. A "Bou Bizkaia" levou o "trapo" nos últimos tres anos, e coa gañada no 2004 contan en total con 4 bandeiras no seu palmarés. A outra embarcación que conta cun bo histórico en augas de Cabo é GO fit Hondarribia que se impuxo en tres edicións (2005, 2006, 2015).

Tras esta regata, coñeceranse os definitivos 4 últimos postos da Eusko Label Liga. O último clasificado perderá a categoría, o penúltimo terá que desputar o Playoff de setembro canda os clubs covidados para tentar continuar un ano máis na elite, e o décimo e o noveno darán por rematada por esta tempada a súa andaina na loita pola Coroa CaixaBank. 

Voltar