Novas 2013
COMPETICION
11 Set 2013
KAIKU AMBILAMP, A UN PASO DE CONQUISTAR A LIGA SAN MIGUEL E A COROA LA CAIXA EN PROPIEDADE EN BERMEO
Previamente á XXXI. Bermeo Hiriko Ikurrina celebrarase a primeira xornada do play-off de ascenso
A Liga San Miguel 2013 vai rematando. Ás portas da chegada do outono, Bermeo dá comezo ao derradeiro fin de semana de competición. Alí disputarase o vindeiro sábado a 18ª regata puntuábel da tempada, penúltima da Liga San Miguel: BERMEO HIRIKO XXXI. IKURRINA. Este mediodía celebrouse a presentación da regata no Concello de Bermeo, e a ela acudiron a Sra. Idurre Bideguren, alcalde de Bermeo, a Sra. Maitane Leizaola, directora de Dpto. de Deporte e Xuventude de Deputacion de Bizkaia, e o Sr. Josu Zabalondo, presidente de Bermeo-Urdaibai A. E.
A xornada comezará ás 18:00 coa primeira xornada do play-off de ascenso e descenso. Participarán Zumaia Altuna y Uría, undécima clasificada da Liga San Miguel, Zierbena-Bahías de Bizkaia e Lekittarra BM, 1ª e 2ª clasificadas da ARC-1, e Samertolameu Meira e Cabo da Cruz, vencedora e subcampioa da Liga Galega de Traíñas, respectivamente. As cinco embarcacións competirán na modalidade de contra o reloxo, e partirán de minuto en minuto polo mesma carreiro. O sistema de puntuación e demais requisitos a cumprir están recollidos no V. título das Normas de Competición da ACT (apartado ascensos e descensos). O vencedor da primeira regata obterá cinco puntos, e os seguintes clasificados, un punto menos sucesivamente. Utilizarase o mesmo sistema na regata do domingo, en Portugalete, e trala suma de puntos das dúas regatas, conseguirán o ascenso aqueles dous clubs que máis puntos consigan. Se da suma resultara algún empate, sumaríanse os tempos das dúas regatas, resultando vencedor o mellor tempo da suma.
No que respecta á Liga San Miguel, o grande protagonista será Kaiku Ambilamp, porque de non ocorrer nada excepcional, será o primeiro club na historia da ACT en obter en propiedade a Coroa La Caixa. Os de Sestao teñen un botín inacadábel de cara a regata de Bermeo: 16 puntos. Os verdes de Sestao poden gañar a súa 3ª Liga San Miguel no propio sábado, se ao rematar a regata manteñen 12 puntos de vantaxe ao 2º clasificado da competición. Atención especial tamén a traíña da casa, Urdaibai Umpro Avia. Os de Bermeo comezaron a Liga San Miguel gañando a Bandeira Basque Country de Barcelona, e sen dúbida han querer conseguir a segunda bandeira da tempada ante os seus fieis, e en plenas festas patronais.