ACT TV 2021

ENTREVISTAS

18 Ago 2021

Hondarribia encontrarase coa Liga Eusko Label

Hondarribia encontrarase coa Liga Eusko Label

No domingo desputarase a Hondarribiko XXXIV Bandera-Mapfre SN

Logo do remate da Liga Euskotren, a Liga Eusko Label continua co seu calendario, e este domingo chegará ao encontro habitual de Hondarribia, onde se desputará a Hondarribiko XXXIV Bandera-Mapfre SN a partir das 12:13 horas.

Na presentación da Bandeira celebrada esta mañá no campo de fútbol de Hondarribia participaron Txomin Sagarzazu, Alcalde de Hondarribia, Joxemi Elduayen Presidente de Hondarribia AE e Miguel Aguado Director de Mapfre en Gipuzkoa.

A regata de Hondarribia é un encontro clásico no calendario da Liga Eusko Label. Aínda que a Liga Euskotren rematou o seu calendario, o domingo antes da primeira quenda da Liga Eusko Label desputarase unha regata amistosa da Liga Euskotren. 

As quendas da regata formaranse en base á clasificación xeral da Coroa CaixaBank logo da desputa da xornada do sábado en Ondarroa. 

Espigón pechado
Aínda que é unha regata á que os afeccionados adoitan desprazárense, por motivos do protocolo COVID-19, tanto o espigón da praia como o do porto, permanecerán pechados. 
 

Voltar