Novas 2019
ENTREVISTAS
27 Ago 2019
Deica o vindeiro ano, Kaiku e Lekittarra Elecnor
Estes dous clubs biscaínos dan por rematada a súa participación na máxima categoría por este ano
Na pasada fin de semana a fase regular da Eusko Label Liga 2019 remataba en augas galegas, e restan apenas as dúas xornadas de Bermeo e Portugalete nas que só competirán os 8 mellores equipos desta tempada, canda os aspirantes ao playoff. É por isto que, Kaiku e Lekittarra Elecnor, noveno e décimo clasificados da Eusko Label Liga respectivamente, deron por rematada a súa andaina nesta tempada.
Nikolas Vicuña, remeiro de Lekittarra Elecnor, amósase satisfeito coa súa estrea na Eusko Label Liga, tendo conseguido cumprir o obxetivo da permanencia. En canto á dureza da competición, o Vicuña teno claro, “aquí todos os días se pelexa, non te podes relaxar".
Andoni Pedrosa, remeiro de Kaiku, tamén rematou a tempada contento coa actuación do seu equipo. A ‘Bizkaitarra’ conseguiu rapidamente afastarse dos postos quentes e puideron gozar da tempada vencendo en varias ocasións na súa quenda. Pedrosa salienta a regata de Zierbena por riba das demais como mellor actuación do equipo, cando conseguiron unha sexta praza na localidade ‘galipa’. Por riba de outras cousas, o remeiro de Kaiku fai fincapé no bo ambiente de todo o plantel, o que axuda o club a competir do mellor xeito.