Novas 2019

ESPECIAL

31 Mai 2019

BM segue a remar canda a ACT

BM segue a remar canda a ACT

A cadea de distribución vasca continúa un ano máis dentro da traiñeira da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren como Official Partner da competición

Co verán á volta, a ACT segue a sumar esforzos dentro da súa traiñeira para afrontar con enerxías renovadas a inminente tempada da elite do remo. É o caso de BM Supermercados, que por terceiro ano consecutivo segue ligado á Eusko Label Liga e á Liga Euskotren como Official Partner da competición.

BM Supermercados seguirá a ser un importante integrante da caravana estival que acompaña a máxima categoría do remo pola cornixa cantábrica. Deste xeito, todo aquel que se achegue á carpa de BM situada na fan zone das regatas da Eusko Label Liga, poderá conseguir un pano coas cores da súa traiñeira favorita, mentres que os máis pequenos da casa terán tamén a oportunidade de gozaren dos colchóns inchables durante a xornada de regatas.

Con todo, Miguel Ángel Zamorano, Director de Xestión de Tendas e Marketing de BM Supermercados, e Borja Rodrigo, presidente da Asociación, foron os encargados de escenificaren a continuidade deste acordo na sede do Grupo Uvesco en Irun. Rodrigo quixo salientar a importancia de que unha empresa prestixiosa como BM siga a confiar na ACT: “énchenos de enerxía e motivación para seguirmos a navegar con forza”.

Voltar