Novas 2021
COMPETICION
15 Set 2021
Bermeo, penúltima praza da Liga Eusko Label
O sábado desputarase a Bermeo Hiriko XXXIX. Ikurriña – Avia Sari Nagusia e a primeira xornada dos playoffs de ascenso
A terceira fin de semana de setembro está marcada en vermello para todos os afeccionados da Liga Eusko Label. Nesta data remata máis unha emocionante tempada. A primeira das dúas xornadas que restan para concluir a tempada será este sábado en Bermeo, coa desputa da Bermeo Hiriko XXXIX. Ikurriña – Avia Sari Nagusia e a primeira xornada dos playoffs de ascenso á Liga Eusko Label e á Liga Euskotren.
A xornada comezará ás 17:40 horas coa desputa da primeira xornada de playoffs da Liga Euskotren, onde Deustu Arraun Taldea, Tolosaldea Arraun Kluba, Cabo e Hondarribia Bertako igogailuak pelexarán pola última praza da Liga Euskotren da vindeira tempada. Competirán en formato contra o reloxo cubrindo unha distancia de milla náutica e media (2.778 metros) con dous longos e unha ceavoga. A seguir chegará a quenda do playoff da Liga Eusko Label, onde Getariako Arraun Elkartea, Kaiku Berez Galanta, S.D. Samertolameu, Club Do Mar Bueu e SD Tirán Pereira desputarán a primeira das dúas xornadas de promoción en busca dos dous postos na máxima categoría do remo, nun percorrido en formato contra o reloxo de tres millas náuticas (5.556 metros) con catro longos e tres ceavogas.
Ás 18:50 horas, chegará o momento no que as oito mellores tripulacións da Liga Eusko Label desputen unha nova bandeira. Será a penúltima bandeira da tempada coa desputa da Bermeo Hiriko XXXIX. Ikurriña – Avia Sari Nagusia. Na primeira quenda vogarán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai Avia e Zierbena Bahías de Bizkaia, mentres que na quenda de honra vogarán Orio Orialki, Donostiarra Amenabar, GO fit Hondarribia e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado.
Restriccións pola Covid-19
Esta mañá presentouse a bandeira no Museo do Pescador de Bermeo, onde o alcalde de Bermeo, Aritz Abaroa, indicou que haberá restriccións pola Covid-19. "Tomaremos medidas concretas de seguridade entre o 16 e o 18 de setembro. O día da regata, a partir das 15:00 horas, prohibirase o paso de peóns e vehículos desde 'Frantzunatxeta', no muro de Olatu (Ronpeolas) e no muelle".
Como novidade este ano, si que se permitirá unha cantidade reducida de espectadores no espigón. Para isto, quen se teña inscrito previamente poderán acceder a esta zona entre as 16.30 e as 17.30 da tarde. Estes afeccionados deberán manter a distancia de seguridade e teren a máscara posta en todo momento.