Novas 2019

ENTREVISTAS

13 Mai 2019

"A xente está con fame"

"A xente está con fame"

Osertz Alday, adestrador de Lekittarra Elecnor amósase ilusionado de cara á tempada tras conseguiren o ascenso á Liga Eusko Label.

A Lekittarra retornará á máxima categoría logo de ter estado varios anos na liga ARC1. A última vez que estivo na Liga Eusko Label foi no 2005.

Este ano, baixo o liderado de Osertz Alday por cuarto ano consecutivo, Lekittarra Elecnor amósase con ilusión, como asegura o adestrador hondarribiarra: "A xente está con vontade e con fame". Porén, Alday afronta con cautela o reto de voltar á máxima categoría do remo: "Sendo consciente do nivel que hai, eu creo que estaremos na primeira quenda".

En canto ao obxectivo, o adestrador de Lekittarra Elecnor teno claro: "O obxectivo principal sería estar á altura deles para podermos pelexar cara a cara, e se se pode, tentar buscar a salvación".

En canto ás regatas desputadas este inverno, Alday cre que é difícil tirar unha conclusión. "Non podes fixarte moito no resultado, senón máis nas sensacións. E os pequenos obxectivos márcalos ti a ti mesmo", afirma o preparador guipuscoano. Pero á súa vez, o adestrador de Lekittarra Elecnor fai unha valoración positiva: "Vendo como foi o inverno, estamos contentos polo resultado que acadamos".

Alday afronta a tempada con un equipo xoven mais con "carácter". Segundo o hondarribiarra, é un equipo fácil de levar pola súa forma de ser, e iso axuda moito para traballar.

Voltar