ACT TV 2021

ENTREVISTAS

01 Ago 2021

A Santurtziko XLII Ikurriña fica na casa e Donostia Arraun Lagunak reforza o seu liderado na Liga EuskoTren

A  Santurtziko XLII Ikurriña fica na casa e Donostia Arraun Lagunak reforza o seu liderado na Liga EuskoTren A  Santurtziko XLII Ikurriña fica na casa e Donostia Arraun Lagunak reforza o seu liderado na Liga EuskoTren

Santurtzi T. y G. Aguado recupera un dos dous puntos que perdeu onte a respecto de GO Fit Hondarribia e as donostiarras xa suman 33 puntos frente os 31 de Orio Orialki

Donostia Arraun Lagunak completa dobre triunfo esta fin de semana coa conquista da Santurtziko XLII. Ikurriña e afiánzase no liderado da Liga Euskotren con 33 puntos, frente os 31 de Orio Orialki, que este domingo rematou sufrindo para conseguir a segunda posición. Pola súa banda, Donostiarra Lacturale mantense na terceira praza con 21 tantos e Hondarribia Bertako Igogailuak non sae dese cuarto posto e chega ao último fin de semana de competición coa alerta vermella da táboa con 15 puntos. A Liga Euskotren voltará o 14 e 15 de agosto en Zarautz.

Así fica a clasificación de Mellor Patroa Euskotren logo da xornada de hoxe:
1.- Miren Garmendia (Hondarribai Bertako Igogailuak) 18 puntos
2.- Nadeth Agirre (Orio Orialki) 17 puntos
3.- Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) 16 puntos

A Santurtziko XLII. Ikurriña fica na casa despois de que Santurtzi Transportes y Grúas Aguado aventaxase en 10 segundos a Go Fit Hondarribia e Donostiarra Amenabar. Daquela, os patroneados por Gorka Aranberri suman un punto máis que a Ama Guadalupekoa e recuperan un dos dous puntos que cedeu na xeral na loita pola Coroa CaixaBank. Polo tanto, a Sotera colócase con 106 puntos fronte os 101 de Go Fit Hondarribia. Por detrás, Zierbena Bahías de Bizkaia mantense na terceira praza da táboa con 88 tantos e Orio Orialki, achégase con 86 puntos. Donostiarra Amenabar, que hoxe foi 3ª, colócase quinta a dous puntos dos aguiluchos. Canda os donostiarras na segunda quenda do vindeiro sábado estarán Urdaibai Avia, Ondarroa Cikautxo e Cabo da Cruz, mentres que na primeira quenda estarán Ares, Lekittarra Elecnor, Tirán Pereira e Zarautz Gesalaga Okelan.

No referido á clasificación de mellor patrón Caixabank da Liga, fica así:
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 16 puntos
2.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 9 puntos
3.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 9 puntos
 

Voltar