Novas 2021
COMPETICION
21 Xul 2021
A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren regresan a Cantabria coa Bandeira Caixabank
Logo dunha tempada sen competir en augas cántabras, Castro-Urdiales acollerá a sétima xornada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren
As competicións da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren voltan a Cantabria da man de CaixaBank. Tras unha tempada sen albergar ambas competicións, Castro Urdiales acolle este sábado a sétima xornada das dúas competicións de elite do remo de banco fixo. Esta mañá presentáronse as IX. e VI. Bandeira CaixaBank que estarán en xogo o sábado.
Na presentación das bandeiras realizada esta mañá no Concello da localidade cántabra, participaron Héctor Alonso, Director de Área de Negocio de CaixaBank en Cantabria, Susana Herrán Alcaldesa de Castro-Urdiales e Borja Rodrigo Presidente da ACT.
Herrán amósase moi satisfeita coa chegada das dúas competicións a Castro-Urdiales. “Que máis unha tempada as mellores traiñeiras do norte veñan ao mellor campo de regatas é un orgullo. Unha xornada que agardamos decorra con normalidade e poidamos gozar dun deporte tan arraigado na localidade”, sinala a Alcaldesa da vila cántabra.
Segundo Alonso, “é a novena edición que navegamos canda a ACT e novena edición da Bandeira CaixaBank. Unha bandeira que historicamente sempre estivo moi ligada a Cantabria e este ano, grazas tamén ao Concello, desputarase nun dos campos de regatas máis prestixiosos do cantábrico. Agardo que os remeiros e remeiras nos brinden un grande espectáculo como o veñen a facer dende o inicio da competición e que a afección poida gozar dunha grande edición da Bandeira CaixaBank”, indica o representante do patrocinador da Bandeira.
Pola súa banda, o Presidente da ACT está “moi agradecido tanto a CaixaBank como ao Concello de Castro-Urdiales por devolver a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren a aguas cántabras. Contentos por voltarmos a un campo de regatas que permite ter facilidades tanto dentro como fóra da auga e coas restriccións que temos actualmente, permite diferentes alternativas para podermos gozar da regata en directo”, indica Rodrigo.
Así, a emoción das dúas competicións comezará ás 17:40, coa regata da Liga Euskotren, na que as catro tripulacións tratarán de levar a VI. Bandeira CaixaBank.
Pola súa banda, a regata masculina, IX. Bandeira CaixaBank comezará no remate da Bandeira feminina. Nela, as quendas están divididas segundo a clasificación xeral, polo que na primeira quenda vogarán Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, CR Ares e Lekittarra Elecnor. Na segunda quenda vogarán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai Avia e Donostiarra Amenabar. Por último, na quenda de honra estarán as catro primeiras tripulacións da clasificación xeral, Orio Orialki, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e o líder Santurtzi Transportes y Gruas Aguado.