ACT TV 2021

ESPECIAL

10 Xu˜ 2021

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren preparadas para o comezo da tempada

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren preparadas para o comezo da tempada

Realizado o sorteo das quendas para a primeira xornada da Bandeira Cidade da Coruña

O Azkuna Zentroa de Bilbao acolleu esta tarde a Presentación das novas tempadas tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren.Los clubs, arroupados polas institucións e os patrocinadores, dan o bandeirazo de saída á tempada 2021 que se prevé máis emocionante que nunca. 

A presentación comezou coa entrega dos trofeos de mellor patrón CaixaBank 2020 a Asier Zurinaga e mellor patroa Liga Euskotren a Nadeth Agirre. Estes trofeos foron trocados hoxe polos dos gañadores anteriores, Arkaitz Diaz e a mesma Nadeth Agirre, que recibiron unha réplica. Gorka Arana, Director Comercial de Banca Retail de CaixaBank Zona Norte entregaba a Zurinaga, de Santurtzi Transportes y Gruas Aguado, o maillote que vestirá Gorka Aranberri na primeira xornada da Bandeira Cidade Coruña, o trofeo e o cheque correspondente ao premio. Pola súa banda, Borja Rodrigo, presidente da ACT, facía o mesmo coa patroa de Orio Orialki.

A seguir, a Coroa CaixaBank e o trofeo Euskotren acapararon o interese da presentación. Os actuais campións, Santurtzi Transportes y Gruas Aguado e Orio Orialki entregaban o premio que lles foi entregado na última xornada da tempada 2020, e recibían a réplica en troco. No intercambio de trofeos participaron Arantxa Tapia, Conselleira de Desenvolvemento Económico, Sustentabilidade e Medio Ambiente, en representación de Eusko Label, e Antonio Jaraices, Director de Organización e corporativo de Euskotren. 

Por último, e antes de comezar o sorteo das quendas para a Bandeira Concello da Coruña, os tres equipos de Galiza, que non viaxaron para o evento, quixeron participar na presentación enviando un saúdo. E despois, realizouse o sorteo das quendas para a primeira xornada da tempada onde Arantxa Tapia e Antonio Jaraices foron os encargados de sacar as bólas. E o resultado do sorteo resolveu as seguintes quendas: Na primeira quenda vogarán Ondarroa Cikautxo, Go Fit Hondarribia, Zierbena Bahías de Bizkaia e Bermeo Urdaibai Avia. Na segunda quenda participarán Lekittarra Elecnor, Ares, Orio Orialki e Santurtzi T. y G. Aguado, mentres que na terceira quenda bogarán Tirán Pereira, CR Cabo da Cruz, Donostiarra Amenabar e Zarautz Guesalaga Okelan.

#Preparados e #Preparadas
Estamos #Preparados e #Preparadas é o lema para esta nova tempada. Canda o lema da temporada, presentouse tamén a imaxe que nos acompañará durante toda a tempada. A silueta dun remeiro e dunha remeira, acompañados polas dúas cores características das Ligas, vermello (Liga Eusko Label) e azul (Liga Euskotren) son as que compoñen a imaxe da tempada. 

Voltar