Novas 2019
COMPETICION
21 Mai 2019
A ACT volta a Bueu
As mellores traiñeiras do Cantábrico voltarán o vindeiro 24 de agosto á localidade galega para desputar a II Bandeira Concello de Bueu – G.P. Teccarsa-Rehau-Roto
A Eusko Label Liga voltará a desputar esta tempada dúas fins de semana de regatas en territorio galego, coa tradicional regata de Boiro e a espectacular dobre xornada da Bandera Cidade da Coruña. Para completar o cartel, a máxima categoría do remo voltará a unha praza novidosa mais coñecida pola competición. Estamos a falar de Bueu (Pontevedra), onde xa se desputou unha xornada da Eusko Label Liga no 2014.
En aquela ocasión, Orio Babyauto levou a victoria na primeira edición da Bandeira Concello de Bueu cun tempo de 19:51”10, e unha vantaxe de apenas dous segundos sobre Urdaibai Avia. GO fit Hondarribia, que no fin da tempada foi o gañador da Coroa CaixaBank, subiu ao terceiro chanzo do podio. Esta campaña, toda a emoción da competición voltará á localidade pontevedresa o vindeiro sábado 24 de agosto, nun dos momentos chave da competición.
Félix Juncal, alcalde de Bueu, amósase satisfeito de que a competición poida voltar á localidade despois de cinco anos. O alcalde afirma que será unha ocasión “única” para gozar do “auténtico espectáculo” do remo. Juncal, espera poder seguir a gozar da emoción da Eusko Label Liga nos vindeiros anos.