GETARIA

Historia

Patrocinadores do club
  • Viveros San Anton
  • Indaux
  • Ameztoy
  • IPARRAGIRRE
  • Frigolan
  • Batela
  • Izarri
  • CARDIVA
  • EXPOCASION
  • Getariako Udala
  • Elkano Arrantzale Cofradía

Historia
Getariako Arraun Elkartea, como club, naceu no 1976, aínda que a localidade de Getaria xa tiña comezado a competir con anterioridade.

Século XIX
A mellor época dos getariarras foi entre 1895 e 1911 cando se apoderaron de cinco bandeiras da Concha. A primeira participación na Concha data de 1881, na terceira edición da Bandeira. Despois de finalizar en segunda posición nas tempadas 1890 e 1891, no 1895 chegou a primeira vitoria con Francisco Arregi como patrón. No 1896 voltou gañar a Bandeira da Concha e a de Bilbao, demostrando, ao seren as dúas únicas regatas desputadas, que foi a mellor traiñeira daquel ano.

Principios do século XX
En 1900 a Bandeira da Concha foi organizada polo Club Marítimo de San Sebastián, e coa intención de dar preferencia aos veleiros, rebaixáronse considerabelmente os premios. Dúas traiñeiras de San Pedro e todas as donostiarras renunciaron a participaren na regata, e Getaria conseguiu a súa terceira Bandeira da Concha remando en solitario. No 1903 houbo unha regata entre Getaria e San Sebastián na que se impuxeron os getariarras. No 1906 Getaria clasificouse na segunda posición despois de San Pedro e na última vitoria, de 1911, tamén houbo polémica. Na última regata que se ía desputar entre Getaria e Orio, a organización aceptou a petición de Getaria de trocar dous remeiros e Orio decidiu non remar en sinal de protesta. Francisco Arregi foi o patrón nas vitorias de 1895, 1896, 1903 e 1911 e Domingo Cabañas en 1900.

Malia non ter habido máis vitorias, Getaria participou durante varios anos e obtivo bos resultados, como os segundos postos de 1922 e 1939. Na regata na zona de Bilbao clasificouse en segunda posición na regata de 1930.

Sindicato Náutico de Pesca
Os getariarras formaron unha potente traiñeira co nome de Sindicato Náutico de pesca de Guetaria en 1972 e na Concha conseguiron a segunda posición, cuarta no Campionato de España e segunda no Gran Premio de Nervión. Ao ano seguinte tamén sacaron a traiñeira e aínda que os resultados eran máis modestos (5º na Concha) lograron un par de vitorias, na casa e na regata clasificatoria para a Concha. No 1972 gañou o Campionato de España de Traiñeiriñas.

Club de Remo de Getaria. Anos iniciais
Naceu no 1976 e debutou nas traiñeiras no 1979, desputando catro regatas e gañando a Bandeira do Día dos Pescadores de Ondarroa. No 1980 apenas desputou dúas regatas. No 1982 gañou os Campionatos de España e Gipuzkoa de Bateis e no 1983 sacou traiñeira, aínda que os resultados non foron bos.

Década de 90
No 1993 regresou a traiñeira Esperantza e no 1995, canda os remeiros de Zarautz obtivo moi bos resultados na Liga Vasca ficando sétima e gañando cinco bandeiras. Manexábase á perfección no mar e estivo a punto de entrar na Concha, xa que logrou maldicir un 8º posto na regata clasificatoria. Seguiu a boa racha nos anos seguintes, no 1996 foi quinta na Liga conseguindo unha bandeira, no 1997 clasificouse na 7ª posición gañando dúas bandeiras, e no 1998 ficou na 11ª posición da Liga gañando tres bandeiras.

No 2001 uníronse a Zumaia e constituíron Paternina-Indaux, tomando o nome dos seus respectivos patrocinadores. Xuntos completaron unha tempada incríbel ao se proclamaren vencedores no Campionato de Euskadi de Sprint, quintos na Bandeira da Concha, cuartos na Liga Vasca, segundos no Campionato de Gipuzkoa e foron os gañadores da Bandeira de Plentzia da Liga. 


Na Liga ARC mais sen continuidade
Nos dous anos seguintes non se xuntou xente abondo para completar a traiñeira e regresouse ás regatas no 2004 tendo militado na Liga Federación. Tivo o seu último bo ano no 2007. Con varios remeiros de Orio gañou a Liga ARC e estivo a piques de ascender á ACT. Mais na primeira xornada de PlayOff 10 centésimas, e 52 centésimas na segunda, deixáronos sen premio.

Despois, na categoría de traiñeiras masculinas, veu un parón de dous anos e o club centrouse en criar mocidade, obviando o resto de traballos. Pola contra, no 2009, por exemplo, o club obtivo os campionatos de bateis tanto guipuzcoanos como vascos de categoría infantil, así como os campionatos de Euskadi de Traiñeiriñas en rapaces xuvenís e en rapazas absolutas, ademais das vitorias provinciais. No campionato de España tamén se realizou un bo traballo, conseguindo o equipo xuvenil masculino o 2º posto e o feminino o 5º, entre outras moitas vitorias. 

No 2010 Getaria conseguiu sacar por primeira vez na súa historia dúas traiñeiras a un tempo: a de rapazas e a de rapaces. Esta última viña pulando para os mozos remaren na propia vila, e o club saiu para voltar poñer en marcha a súa mellor versión. O que no comezo era pura intención fíxose realidade na Liga ARC 2, até o punto de gañar dúas bandeiras: a donostiarra e a ikurriña de Mundaka.

Regreso á Liga ARC1
2011 tamén foi un ano próspero para Esperanza, que logrou o pase aos play-off e lograr 5 bandeiras na liga regular: a ikurriña de Pasaia, a bandeira da Cofradía de Pasai San Pedro no Río Asón (Colindres), a Bandeira de Erandio e a Ikurriña de Mundaka, esta última por segundo ano consecutivo. Ademais, logrou o ascenso á liga ARC 1 nas eliminatorias de play-off desputadas en Pasaia e Colindres, despois de gañar de forma gloriosa as dúas regatas ante Ondarroa, Getxo e Arkote.

No 2012 foi sexto na Liga e no 2013 chegou a ser cuarto. Nos dous anos seguintes gañou a liga, conseguindo a vitoria en catro regatas en cada unha. No PlayOff, porén, non se consiguiu o ascenso. Nos próximos anos estivo nos postos de arriba, mais sen se clasificar para os PlayOff. En aqueles anos actuou da man de Gorka Etxeberria, e así continuou no 2017 e 2018.

No 2019 deuse unha mudanza de ciclo en Getaria. Ion Larrañaga, remeiro da canteira, encargouse de dirixir o equipo local tras varios anos en outros clubs. No primeiro ano Esperanza foi cuarta, na Liga ARC 1, e no 2020 os getariarras lograron o terceiro posto. Neses dous anos non se conseguiu ningunha bandeira.

A tempada 2021 foi un fito para os getariarras. No inverno faleceu o remeiro Andoni Galarraga e na regata na súa honra, desputada en Getaria, a traiñeira getariarra conseguiu a súa primeira vitoria da tempada. En xullo fíxose co liderado e mantívose para gañar a Liga ARC por cuarta vez. Ademais, gañou o Campionato de España de traiñeiras e na cuarta participación nos PlayOff redondéase a tempada logrando o ascenso á Liga Eusko Label.