Novas 2010
COMPETICION
05 Out 2010
AITOR CARRILLO, MELLOR PATRON DA TEMPADA 2010
Sr. Iñaki Marcos, en representación de Caja Madrid, fixo entrega dun cheque por un importe de 3.000€ e do trofeo Caixa Madrid
Este martes 5 de outubro, ás 20:00h. na Sociedade Ondartza de Zarautz, celebrouse o acto de entrega do Trofeo Caixa Madrid ao Mellor Patrón da tempada 2010. O Sr. Joseba Amunarriz, patron de Hondarribia Orsa, devolveu o trofeo que o acreditaba como Mellor Patrón da anterior tempada 2009 e recibiu unha réplica das mans do Sr. Iñaki Marcos en representación de Caja Madrid. Posteriormente, o Sr. Marcos fixo entrega dun cheque por un importe de 3.000€ e do trofeo Caixa Madrid ao Mellor Patrón da presente tempada 2010 ao Sr. Aitor Carrillo, patrón de Orio Amenabar. Tamén estiveron presente o Sr. Santiago Gil de la Rosa, Director de Patrocinios de Caixa Madrid, así como unha ampla representación de medios e patróns doutros clubs. O patrón oriotarra obtivo un total de 21 puntos, os mesmos que o segundo clasificado, dúo formado por Asier Arego e Lur Uribarren. A terceira posición foi para Borja Gómez de Pedreña con 17 puntos.
Esta é a homenaxe que Caja Madrid celebra anualmente premiando ao mellor patrón da liga San Miguel de Traiñeiras.
A elección do mellor patrón realízase da forma máis obxectiva posíbel, para iso recóllense os seguintes datos a través do GPS:
1º Total de metros percorridos durante a quenda na que participan.
2º Tempo que tardan en efectuar as manobras.
O primeiro punto indícanos que patrón percorre coa súa embarcación menos metros que os seus adversarios. O segundo punto amosa o tempo que tarda en efectuar a manobra. Para iso desde aproximadamente 50 metros antes de entrar na baliza ata uns 50 metros despois, tómase o tempo realizado nese traxecto. Este dato revélanos a velocidade con que entraron na ceavoga, o xeito de dala e a velocidade de saída