Novas 2019

ESPECIAL

02 Xul 2019

Volta o Tour Coroa CaixaBank

Volta o Tour Coroa CaixaBank

Tira unha foto co trofeo e leva dous pases para ver o desenlace da tempada dende o barco da Eusko Label Liga

Co inicio da Eusko Label Liga 2019 tamén comeza a viaxe da Coroa CaixaBank, até que o vindeiro 15 de setembro en Portugalete chegue ás mans dos vencedores da Eusko Label Liga. Co Tour da Coroa CaixaBank, da man de CaixaBank, os afeccionados poderán ver en primeira persoa o ansiado trofeo e fotografárense ao pé del. Como nos últimos anos o Tour Coroa CaixaBank estará presente na Fan Zone das diferentes regatas da tempada.

 

Participando no concurso do Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para ver ao vivo a XLV Bandeira El Corte Inglés dende o Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Tamén, simplemente con participar, entrarás no sorteo dun maillote CaixaBank ao Mellor Patrón deseñado cos mellores materiais e a tecnoloxía máis punteira da man de Kibor, Official Partner da Eusko Label Liga e a Liga Euskotren.

 

Para participar, só tes que procurar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank e tirares unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

 

TOUR COROA CAIXABANK 2019

 

Do 1 de xullo ao 8 de xullo -  Oficina CaixaBank | Bilbao (Gran Vía, 38)

Do 8 de xullo ao 13 de xullo – Oficina CaixaBank | San Sebastián (Churruca, 14)

Do 13 de xullo - XII Bandeira Donostiarra Kaiarriba – Amenabar (San Sebastián)

14 de xullo - VII Bandeira CaixaBank (Castro)

Do 15 de xullo ao 20 de xullo – Orio*

20 de xullo - Orioko XXIX. Estropadak - VII. Orio Kanpina Bandera (Orio)

21 de xullo - XVIII Bandeira Ayuntamiento de Sestao (Portugalete)

Do 22 de xullo ao 27 de xullo -  Getxo*

27 de xullo - Santurtziko XL. Ikurriña (Santurtzi)

28 de xullo -  Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña (Getxo)

Do 29 de xullo ao 9 de agosto – Hondarribia*

10 de agosto - XXXV. Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia (Ondarroa)

11 de agosto - Hondarribiko XXXII. Bandera - Mapfre Sari Nagusia (Hondarribi)

Do 12 de agosto ao 17 de agosto - Zarautz*

17 e 18 de agosto - XLII Zarauzko Estropadak (Zarautz)

Do 19 de agosto ao 9 de setembro -  Aquarium | San Sebastián

14 de setembro - Bermeo Hiriko XXXVII. Bandera (Bermeo)

Voltar