Novas 2021

COMPETICION

19 Set 2021

Tolosaldea, Kaiku e Getaria conseguen o ascenso

Tolosaldea, Kaiku e Getaria conseguen o ascenso Tolosaldea, Kaiku e Getaria conseguen o ascenso

Tolosaldea e Getaria confirman o primeiro paso que deron onte, e Kaiku remonta para conseguir un posto na Liga Eusko Label

Tolosaldea Arraun Kluba voltou impor a súa lei en augas de Portugalete e conseguiu a segunda vitoria no playoff de ascenso á Liga Euskotren con 3 segundos de renda sobre Hondarribia Bertako Igogailuak. As tolosarras conseguen así o seu primeiro ascenso á máxima categoría do remo feminino superando durante a fin de semana a Deusto Tecuni Bilbao (5 puntos), Hondarribia Bertako Igogailuak (5 puntos) e a Cabo da Cruz (2 puntos). Pola súa banda, Getariako Arraun Elkartea e Kaiku Berez Galanta foron as dúas embarcacións que conseguiron o ascenso á Liga EuskoLabel despois de seren as dúas mellores durante a fin de semana. Os de Sestao foron os máis rápidos na xornada de hoxe por diante de Getaria (+2) e de Samertolameu OverSea (+5). Daquela, Samertolameu non deu garantido o segundo posto conseguido na xornada de onte.

Voltar