ACT TV 2014

CLUBS

07 Mai 2014

"Non sei se veremos un Tirán gañando bandeiras, pero si pelexando"

"Non sei se veremos un Tirán gañando bandeiras, pero si pelexando"

Dani Pérez, técnico de Tirán Pereira, confesa ter sufrido baixas importantes para esta campaña, mais que estas non lles han impedir pelexar polas cotas altas

Tirán Pereira afronta este ano a súa novena tempada na Liga San Miguel co obxectivo de dar continuidade á dinámica na que levan navegando nas últimas tempadas e que os levou a pelexar na zona nobre da táboa, chegando até a gañar bandeiras en varias ocasións. "Temos baixas importantes de xente que nos axudou a conseguir bandeiras nos últimos anos. Pero témonos que centrar no que temos agora, que serán os que pelexen por estar aí arriba este ano", sinala o preparador de Tirán Pereira, Dani Pérez. No que aos obxectivos da tempada se refire, malia se amosar cauto e escéptico nos seus prognósticos, non se quere pór límites. "Fáltanos o enfrentamento directo cos rivais da Liga San Miguel, xa que só puidemos competir contra Cabo da Cruz. Vemos que hai moita igualdade e na pretempada moitos clubs de ‘clase media’ deron moi bo nivel", comenta Pérez. "Tentaremos comezar a tempada con humildade e ir regata a regata, vendo onde nos sitúa a competición. Non sei se veremos un Tirán gañando bandeiras, mais si a pelexar", confesa o galego.

No que se refire ao calendario, apunta que "é moi atractivo e para nós, en particular, é moi positivo porque vamos ter unha fin de semana máis na casa". Tamén fai un alto e analiza a nova incursión da competición en Bueu. "Non tiven oportunidade de remar alí coa traíña, pero si en outras modalidades. É un bo campo e no que non hai desigualdades notábeis entre carreiros", explica Dani Pérez.

Voltar