Novas 2020
ESPECIAL
25 Set 2020
Lekittarra Elecnor segue a confiar en Osertz Alday
O hondarribiarra seguirá ao mando do equipo para a Liga Eusko Label 2021
Logo de lograren ascender á Liga Eusko Label no 2018 e conseguiren a permanencia na seguinte tempada, Lekittarra Elecnor demostrou este 2020 que ten unha traiñeira moi solvente e logrou escapar da loita pola zona baixa da táboa para rematar o verán en oitava posición na loita pola Coroa CaixaBank.
O bidasoarra chegou á ‘Isuntza’ no 2016, e dende aquela o equipo non deixou de medrar até instálarense na parte intermedia da Liga Eusko Label. Vendo o resultado obtido, os lekittarras tomaron a decisión de seguiren confiando en Osertz Alday para que continúe a liderar este proxecto deportivo máis unha tempada.