Novas 2017

ESPECIAL

18 Ago 2017

Quen reinará en Zarautz?

Quen reinará en Zarautz?

Todas as olladas centraranse esta fin de semana na desputa da XL. Zarauzko Estropadak e a Zarauzko IX. Ikurriña

Pouco a pouco a tempada está a encamiñarse cara a súa fase decisiva, onde os equipos completan os seus obxectivos ou lamentan non os teren podido cumprir, e a esixente dobre xornada da XL. Zarauzko Estropadak e a Zarauzko IX. Ikurriña servirán para medir o estado de forma dos clubs da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren. Unha dobre xornada, cómpre dicir, que terá lugar o sábado ás 18.00 horas e o domingo a partir das 12.00 horas, onde o gañador se decidirá en base á suma dos tempos de cada unha das dúas xornadas.

Tras un mes e medio de intensa competición, aínda hai moita tela que cortar antes de que tras da Bandeira de El Corte Inglés se coñezan as posicións definitivas desta tempada 2017. A día de hoxe, Urdaibai Avia mantén o liderado co que se fixo na primeira xornada. Con 135 puntos, a vantaxe dos ‘txo’ sobre o segundo clasificado, Hondarribia, é de 5 puntos. Orio Babyauto, con 119 puntos, é terceiro, mentres que Kaiku Producha ocupa a cuarta praza con 85 puntos, pechando a listaxe de equipos da quenda de honra. Zierbena Bahías de Bizkaia, con 70 puntos, é quinto; San Juan Sumelec, con 70, é sétimo; e Tirán Pereira ocupa a sétima praza con 64 puntos. Inmediatamente detrás dos de Moaña sitúase Ondarroa Cikautxo con 62 puntos. San Pedro está en novena posición con 56 puntos, e Cabo ségueo de perto, a apenas dous puntos. Ares é onceavo con 37 puntos e Astillero pecha a clasificación con 25 puntos.

No que respecta ao trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón, Ioseba Amunarriz mantén unha semana máis o liderado con 15 puntos. Gorka Gimeno é o segundo nesta clasificación con 9 puntos e Gorka Aranberri sitúase en terceira posición con 8 puntos.

Ao se modificar o campo de regatas a pasada tempada para garantir a seguridade dos deportistas, os tempos conseguidos anteriormente non son representativos á hora de facer comparacións co que poida acontecer esta fin de semana. O ano pasado, Urdaibai Avia fixo coa vitoria en Zarautz con un tempo acumulado de 19’50”73, con 8”86 de vantaxe sobre Hondarribia, segundo clasificado.

A Liga Euskotren porén encamíñase ao seu fin de semana final, coa desputa da sétima e oitava xornadas da tempada. San Juan Iberdrola, con 23 puntos, parte como favorita para reeditar o Trofeo Euskotren, pero Hibaika Jamones Ancín, con 19, non llo vai pór nada fácil. Orio Babyauto está en terceira posición con 12 puntos e Arraun Lagunak Donostia pecha a quenda feminina con 6 puntos.

Voltar