Novas

ASOCIACION

05 Out 2020

Os números do Protocolo da ACT

Os números do Protocolo da ACT Os números do Protocolo da ACT

A Asociación realizou 970 probas durante a tempada 2020 da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren

Este ano a COVID-19 puxo en xaque toda a sociedade e o mundo do deporte non foi alleo ás dificuldades xeradas polo virus. As medidas adoptadas para podermos desputar este ano a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren supuxeron un auténtico reto para a ACT, os clubs participantes e os remeiros e remeiras que a compoñen.

Unha das medidas adoptadas para evitar o contaxio foi aillar o paddock de traiñeiras onde se sitúan as embarcacións e os deportistas antes e despois da desputa da regata. Os concellos que acollen cada xornada de ambas competicións axudaron a implementar estas medidas permitindo pechar na maioría das ocasións os portos, paseos e os espigóns para facilitaren este labor de aillamento dos deportistas.

O protocolo tamén fixo un labor moi importante na prevención do contaxio, sendo neste sentido os equipos participantes quen realizaron un grande traballo nos seus respectivos clubs de remo, dispoñendo de todo tipo de medidas como a toma de temperatura constante, desinfección de material e uso de máscaras en todo momento.

Por último, o terceiro pé deste protocolo centrouse na detección do virus. Ao longo da tempada realizaronse 912 probas serolóxicas para coñecer a situación dos planteis e 58 PCRs, seguindo sempre as indicacións das Autoridades Sanitarias. De todas as PCR realizadas, apenas 3 foron positivas. Á marxe destas probas, os clubs realizaron máis testes pola súa conta á medida que o viron necesario.

Voltar