Novas

ESPECIAL

16 Out 2020

O que di a prensa?

O que di a prensa?

Os medios de comunicación achégannos a información do mercado de fichaxes da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Esta semana a nova máis salientábel do mercado de fichaxes da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren foi a mudanza de equipo de Gorka Aranberri, patrón até agora de Orio Arraunketa Elkartea. A información saiu no fin da semana pasada cando ETB anunciaba que o patrón zarauztarra non seguiría na popa da ‘San Nikolas’. A nova confirmouse cando o club guipuzcoano se despediu de Gorka a lle agradecer e desexar boa sorte para aló onde fose.

Malia non se ter feito de xeito oficial, o novo destino de Aranberri era un segredo a voces e el mesmo se encargou de o confirmar nunha entrevista realizada no programa Fuera de Juego de RADIO EUSKADI. Na mesma, confirmou que Santurtzi Transportes y Grúas Aguado será o seu vindeiro destino. Gorka Aranberri, deste xeito, ocupará o posto que até agora tiña Asier Zurinaga na ‘Sotera’, que confirmou que deixará o remo logo de ter gañado a Coroa CaixaBank e o premio ao Mellor Patrón CaixaBank na tempada 2020 da Liga Eusko Label.

Voltar