Novas 2017

ESPECIAL

06 Xu˜ 2017

O Kursaal levanta o telón da Eusko Label Liga

O Kursaal levanta o telón da Eusko Label Liga

A Gala do comezo da tempada celebrarase este sábado e poderá seguirse en streaming a través do Facebook

Este sábado, 10 de xuño, o Palacio de Congresos Kursaal acollerá a Gala da Eusko Label Liga 2017, na que se dará a benvida a unha tempada máis da loita pola Coroa CaixaBank. Sandra Sabatés, copresentadora de El Intermedio, e Iñigo Asensio, voz da Eusko Label Liga, serán os encargados de dirixiren este acto. Un acto, cómpre sinalar, que por primeira vez se poderá seguir en directo e íntegro a través da páxina de Facebook da Eusko Label Liga.

Nove serán os recoñecementos que se entregarán durante a Gala deste sábado na capital guipuscoana: Remo á traiñeira máis rápida, Remo ao Mérito Deportivo, Remo á Mellor Canteira, Remo ao Mellor Adestrador, Remo á Mellor Organización de Regata, Remo ao Mellor Patrón, Remo a Mellor Afección, Remo Especial e Remo Honorífico. Á marxe desta serie de premios, tamén se celebrará o protocolario acto de entrega das réplicas dos trofeos orixinais a Urdaibai Avia e a San Juan Iberdrola na súa condición de vixentes campións da Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren.

Tras se dar por pechada a tempada pasada procederase a presentar unha nova tempada da Eusko Label Liga que prevé dar o mellor espectáculo máis un verán. Unha vez rematada a Gala, os asistentes poderán gozar dun aperitivo cos mellores produtos con Eusko Label e cervexas San Miguel.
 

Voltar