Novas 2017

COMPETICION

04 Mai 2017

Loita polo playoff

Loita polo playoff

12 clubs da ARC e da LGT solicitaron un convite para poderen participar nas xornadas de playoff de Bermeo e Portugalete

Cada vez falta menos para encetar a tempada estival de traiñeiras e todos os equipos comezan a se plantexar os obxectivos que pretenden conseguir este ano. Os clubs participantes na Liga ARC e na LGT loitarán esta tempada por se facer con un dos catro billetes (dous por cada competición) que lles dá opción de remaren, se fosen convidados pola ACT, canda o penúltimo clasificado da Eusko Label Liga nas dúas xornadas de playoff. Ditas xornadas desputaranse o vindeiro 16 e 17 de setembro en Bermeo e Portugalete, coincidindo coas dúas últimas regatas da tempada na loita pola Coroa CaixaBank.

Os clubs que se inscribiron solicitando un convite para participaren nestas dúas xornadas do playoff de ascenso en caso de que se clasificasen nas súas correspondentes competicións son, por parte da ARC, Deustuko A.T, Getariako A.E, Isuntza A.E, C.D.R. Kaiarriba A.E., S.D.R. Pedreña, Itsasoko Ama A.E, Zumaiako Telmo Deun A.K.E e San Nikolas A.T. E da parte da LGT, C.D.R Puebla, C.D.R Mecos-Mondariz, S.D. Samertolameu e Amegrove C.R.

Voltar