Novas 2023
COMPETICION
02 Xul 2023
Donostia Arraun Lagunak leva a primeira vitoria
A tripulación de Laugañene conseguiu a VI Bandeira Cidade da Coruña.
Donostia Arraun Lagunak faise coa VI Bandeira Cidade da Coruña logo da suspensión da xornada de onte. Tolosaldea e Donostiarra, que vogaron canda as donostiarras na primeira quenda, foron as segundas e terceiras respectivamente, mentres que a vixente campioa, Orio, coa súa actuación na segunda quenda, acabou na cuarta posición. Hondarribia, Cabo, Hibaika e Tirán pecharon a clasificación.
Grazas a esta vitoria, Donostia Arraun Lagunak é a primeira líder desta histórica Liga Euskotren con 8 puntos, Tolosaldea segunda con 7 puntos e Donostiarra terceira con 6 puntos.
Zierbena gaña a primeira bandeira da tempada
Logo da suspensión da primeira xornada, Zierbena conseguiu a vitoria na segunda xornada da VII Bandeira Cidade da Coruña. Malia no inicio da regata Zierbena estar igualando os tempos de Hondarribia, ao final melloraron o crono dos guipuscoanos e levaron a bandeira con 10 segundos de vantaxe. As da Ama Guadalupe conquistaron o segundo posto e os de Getaria foron terceiros. Orio fíxose co cuarto posto e Bermeo Urdaibai, que no ano pasado gañou a Liga Eusko Label, entrou no 5º posto.
Polo tanto, os 12 primeiros puntos da tempada 2023 levounos Zierbena, mentres que Hondarribia ten 11 e Getaria 10. No baixo da táboa Kaiku foi décimo primeiro e Santurtzi décimo segundo.