Novas 2021

COMPETICION

17 Set 2021

A Liga Eusko Label en xogo

A Liga Eusko Label en xogo A Liga Eusko Label en xogo

Bermeo e Portugalete acollerán esta fin de semana as dúas derradeiras xornadas da tempada na Liga Eusko Label

Transcurriron 18 xornadas dende que as traiñeiras arriasen as primeiras estachas na Coruña na primeira fin de semana de xullo. Esta fin de semana, en Bermeo e Portugalete arriarán as derradeiras estachas, e con elas rematará máis unha tempada da Liga Eusko Label. O sábado desputarase a Bermeo Hiriko XXXIX. Ikurriña – Avia Sari Nagusia en Bermeo, e o domingo, a acción desprazarase a Portugalete para dar por rematada a Liga Eusko Label coa LI GP – XLVII Bandeira El Corte Inglés- Concello de Portugalete e entregar a Coroa CaixaBank ao líder da clasificación xeral. Canda estas dúas bandeiras, tamén se porán en xogo os playoffs de ascenso á Liga Eusko Label e á Liga Euskotren.

Esta fin de semana, e aínda que Santurtzi Transportes y Grúas Aguado ten unha vantaxe de seis puntos con respecto a GO fit Hondarribia (193 puntos e 187 puntos, respectivamente), aínda hai moito en xogo para as dúas traiñeiras. Donostiarra Amenabar asentouse na terceira posición, aínda que cunha vantaxe sobre Orio Orialki de apenas catro puntos, polo que os aguiluchos quererán subirse ao último posto do pódium da Liga Eusko Label. 

Zierbena Bahías de Bizkaia, pola súa banda, conta con 7 puntos de desvantaxe sobre Orio Orialki na loita polos postos da quenda de honra á que tratarán de acceder. Bermeo Urdaibai Avia non ve perigar o seu sexto posto da clasificación xeral, mentres que Ondarroa Cikautxo e CR Cabo da Cruz, loitan pola sétima posición. Os biscaínos contan con 9 puntos de vantaxe máis o average, que tratarán de manter esta fin de semana.

En canto á clasificación de Mellor Patrón CaixaBank, Arkaitz Diaz, patrón de Donostiarra Amenabar ten unha vantaxe de catro puntos sobre Gorka Aranberri, patrón da Sotera, con apenas dúas xornadas pendentes de se desputar. Arkaitz conta con 20 puntos, mentres que Aranberri conta con 16 puntos. Por detrás veñen os dous patróns de CR Cabo da Cruz con 14 puntos Oscar Hermo e 12 puntos Félix Duarte. 

Antes da desputa das dúas bandeiras, desputaranse os playoffs de ascenso tanto na Liga Eusko Label como na Liga Euskotren. Na xornada do sábado, Hondarribia Bertako Igogailuak, Tolosaldea Arraun Kluba, CR Cabo da Cruz e Deusto-Tecuni-Bilbao vogarán a partir das 17:40 horas. A continuación, será a quenda do playoffs masculino, onde Club do Mar Bueu-Teccarsa, Samertolameu-Oversea, Getariako Arraun Kluba, Kaiku Berez Galanta e SD Tirán Pereira competirán polos dous postos na Liga Eusko Label.  

En se desputando as dúas quendas de promoción, porase en xogo a Bermeo Hiriko XXXVIII. Ikurriña – Avia Sari Nagusia, onde os oito primeiros clasificados da Liga Eusko Label competirán pola penúltima bandeira da tempada. 

O domingo, a xornada comezará ás 11:20 coa segunda xornada de ambos playoffs. As saídas destas dúas quendas realizaranse en orde inversa á clasificación da primeira xornada. Tras decidirense os ascensos e descenso das dúas competicións, a tempada de remo porá o punto e final coa desputa da LI GP – XLVII Bandeira El Corte Inglés – Concello de Portugalete. Se despois da desputa da Bandeira de Bermeo, a diferenza na clasificación xeral é de tres puntos ou menos, a regata de Portugalete desputarase en formato de contra o reloxo. 
 

Voltar