Novas 2020

ESPECIAL

21 Xul 2020

Lekeitio antes do paro

Lekeitio antes do paro

O domingo poranse en xogo a XXXV El Correo Ikurriña – Kutxabank Sari Nagusia – Lekeitioko Udala e a IX. Euskotren Bandera en Lekeitio

Lekeitio acollerá neste domingo a oitava xornada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, na que se competirá pola XXXV El Correo Ikurriña – Kutxabank Sari Nagusia – Lekeitioko Udala e a IX. Euskotren Bandera, respectivamente.

A xornada comezará domingo ás 11:40 horas coa desputa da regata feminina, onde se porá en xogo a IX. Euskotren Bandera, na que as embarcacións competirán nunha distancia dunha milla náutica e media (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga.

A seguir, chegará a vez das embarcacións masculinas da Liga Eusko Label, que desputarán a XXXV El Correo Ikurriña – Kutxabank Sari Nagusia – Lekeitioko Udala, divididos como sempre en tres quendas. Ao ser unha xornada de domingo, as quendas estarán dispostas en base á clasificación final da XI Bandeira de Bilbao que se desputa no sábado. As tripulacións da competición masculina deberán completar unha distancia de tres millas náuticas (5.556 metros) con catro longos e tres ceavogas.

Voltar