Saltar al contenido
|
Saltar al menú principal
|
Saltar a la secciones
Es
Eu
Fr
En
CALENDARIO E RESULTADOS
ESTATÍSTICAS
NOVAS
ACT
ANTIDOPAXE
FOTOS
ACT TV
ASTILLERO
D.ARRAUN LAGUNAK
DONOSTIARRA
HIBAIKA
ORIO
SAN JUAN
TOLOSALDEA
ZUMAIA
Comenzo
Novas 2018
Primeiro asalto para Urdaibai Avia
Novas 2018
ESPECIAL
18
Ago
2018
Primeiro asalto para Urdaibai Avia
A Bou Bizkaia tirou unha vantaxe de oito segundos sobre a Ama Guadalupekoa logo da primeira xornada da XLI Zarauzko Estropadak Urdaibai Avia voltou á senda do triunfo en augas de Zarautz na primeira xornada da XLI Zarauzko Estropadak logo de se impór na quenda de honra con autoridade sobre os seus rivais. A Bou Bizkaia tirou unha vantaxe de oito segundos sobre a Ama Guadalupekoa, de 20 sobre Zierbena BahÃas de Bizkaia e de 29 sobre Orio Babyauto, que marcou o quinto tempo do dÃa. Os de Bermeo tiraron proveito das ondas nos longos de volta dende o carreiro 1 e conseguiron unha boa renda de cara á xornada de mañá para facérense coa bandeira. Apenas GO fit Hondarribia conseguiu facerlle sombra, inclusive se achegou a catro segundos no último longo pero os de Eneko Bilbao voltaron distanciarse. Os galipos mantiveron a terceira posición en todo momento e a San Nikolas viuse relegada á segunda quenda para mañá tras marcar peor tempo que Cabo. Os de Boiro dominaron a segunda quenda dende o segundo longo. Desenvolvéronse ás mil marabillas entre as ondas e pasaron do terceiro lugar a lideraren a regata con seis segundos de vantaxe nun abrir e pechar de ollos. Non desperdiciaron a vantaxe e chegaron á meta con sete segundos de diferenza con respecto á Donostiarra. A 13 cruzou a meta Santurtzi Iberdrola e a 17 chegou Ondarroa Cikautxo. A primeira quenda foi para San Pedro. A Libia foi proa de regata do comezo ao fin dende o carreiro 2 cun tempo en meta de 20’41â€�46. Tirán Pereira foi segunda acurtándolle outro punto máis a San Juan Sumelec na clasificación xeral e pechou a regata Kaiku Producha a 43 segundos de San Pedro. Logo da xornada de hoxe, Urdaibai Avia segue a liderar a clasificación da Eusko Label Liga con 156 puntos. A Bou Bizkaia conta con 10 puntos de vantaxe sobre a Ama Guadalupekoa e 15 sobre Zierbena BahÃas de Bizkaia. As Batelerak non dan hipótese San Juan Iberdrola deu o primeiro paso para levar mañá a Zarauzko X. Ikurriña coa que quere rematar por todo o alto a Liga Euskotren. As arroxas lograron impórense na primeira xornada con dous segundos de vantaxe respecto a Orio Babyauto. A ‘Txiki’ voltou ser a máxima rival das sanjuandarras, pero unha vez máis faltoulle pouco para poderen imporse na xornada. Terceira foi GU Arraun e Hondarribia Bertako Igogailuak pechou a regata a case un minuto das gañadoras.
Voltar
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar navegando aceptas nuestra
Política de Cookies.
ACEPTAR