Novas 2021

COMPETICION

02 Xul 2021

A Coruña arriará as estachas da tempada

A Coruña arriará as estachas da tempada

Os equipos coñeceron o campo de regatas para a fin de semana, nos adestramentos realizados esta tarde

Nestas dúas primeiras xornadas, os 16 equipos que conforman a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren Liga navegarán polas augas da Enseada do Orzán na loita por unha das bandeiras máis codiciadas ao longo do verán.

As primeiras traiñeiras xa puideron realizar os seus primeiros adestramentos no campo de regatas onde se entregará a primeira Bandeira da tempada, V e IV Bandeira Cidade da Coruña.

No sábado o semáforo porase en verde ás 17:40 horas para dar comezo á primeira xornada da IV Bandeira Cidade da Coruña da Liga Euskotren, onde Orio Orialki, Donostia Arraun Lagunak, Donostiarra Lacturale e Hondarribia Bertako Igogailuak competirán pola vitoria. Así que remate a regata feminina, será a vez da Liga Eusko Label.

No comezo da loita pola Coroa CaixaBank, na primeira quenda da V Bandeira Cidade da Coruña competirán Ondarroa Cikautxo, Go Fit Hondarribia, Zierbena Bahías de Bizkaia e Bermeo Urdaibai Avia. Na segunda quenda teremos a Lekittarra Elecnor, Ares, Orio Orialki e Santurtzi Transportes y Gruas Aguado. Por último, na última quenda vogarán Tirán Pereira, CR Cabo da Cruz, Donostiarra Amenabar e Zarautz Gesalaga-Okelan.

Xa no domingo, a xornada comezará ás 11:40 horas coa desputa da regata da Liga Euskotren, para despois dar paso á Liga Eusko Label. 

Orio e Santurtzi a repetiren as vitorias
Orio Orialki quere comezar a defender o seu título da Liga Euskotren cunha vitoria ao igual que fixeron na tempada pasada grazas a un tempo de 22:42, e unha vantaxe de nove segundos sobre Donostiarra Lacturale (22:51). Pola súa banda, e malia non conseguiren ningunha das dúas vitorias, Santurtzi T. y G. Aguado puido levar a Bandeira a Santurtzi cun tempo de 41:00, por diante de Orio Orialki (41:13), quen conseguiu a vitoria na segunda xornada, mentres que Go Fit Hondarribia, malia conseguir a vitoria na primeira xornada, non deu levado a súa primeira Bandeira Cidade da Coruña. 

Voltar