ACT

No 2009 crease a Liga Euskotren co obxectivo de dar pulo ao remo feminino e criar unha competición de elite como xa se viña facendo na categoría masculina. A primeira edición contou con 8 xornadas nas que se competiu por seleccións territoriais, tendo como primeiras participantes a Catalunya, Bizkaia, Gipuzkoa e a campioa Galicia.

No 2011 os clubs de remo feminino comezan a coller o testemuño das seleccións e pásase a competir nun total de 10 xornadas, coa unión entre os clubs de Getaria - Tolosa como campioas. A traiñeira de Zumaia Salegi Jatetxea proclámase vencedora dous anos consecutivos (2012 e 2013), último club vencedor até que no 2014 comeza a hexemonía das 'batelerak'.

Logo de conseguiren un subcampionato nas dúas edicións desputadas previamente, no 2014 San Juan Iberdrola consegue a súa vitoria na Liga Euskotren, por diante de Hibaika Jamones Ancín. Daí en diante, ningún equipo consegue arrebatarlle a coroa de campioas ás 'batelerak' de San Juan Iberdrola. O equipo 'arroxa' revalida o seu título ano a ano até conseguiren o seu quinto trofeo Euskotren no 2018. Un 2018 moi especial para a Liga Euskotren, xa que celebraba a súa décima edición, e aumenta a 16 as xornadas desputadas polos clubs femininos durante a xornada estival.

No 2019, un novo equipo incorpórase ao palmarés das vencedoras. Orio Babyauto levou o primeiro Trofeo Euskotren da súa historia. As 'aguiluchas' repetiron título no 2020 como traiñeira máis rápida do Cantábrico.

Vencedoras da Liga Euskoten

  • 2009: Galicia
  • 2010: Gipuzkoa
  • 2011: Getaria - Tolosa
  • 2012: Zumaia Salegi Jatetxea
  • 2013: Zumaia Salegi Jatetxea
  • 2014: San Juan Iberdrola
  • 2015: San Juan Iberdrola
  • 2016: San Juan Iberdrola
  • 2017: San Juan Iberdrola
  • 2018: San Juan Iberdrola
  • 2019: Orio Babyauto
  • 2020: Orio AE