ACT

A Asociación de Clubes de Traineras (ACT) nace o 2 de xullo do 2003 tras do acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco, para darlle pulo a unha disciplina deportiva do remo que forma parte da historia dos pobos que integran a cornisa cántabro-atlántica. É no mes de xullo do 2003 cando arranca a Competición da Asociación, a Liga ACT, que ten como obxectivos:

  1. - Facer da Liga unha competición de alto nivel "amateur", xestionada profesionalmente, da que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
  2. - Procurar incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban até o de agora.
  3. - Deseñar a competición en formato de Liga Regular para facela máis atractiva e comprensíbel para todos.
  4. - Garantir a súa estabilidade no tempo por medio dunha fase de ascenso e descenso con clubs que proveñan das otras competciones.
  5. - Posicionar a Liga San Miguel coma un produto deportivo moderno, sólido e de calidade, que fomente a práctica do remo e que no verán ofreza a posibilidade de desfrutar dun deporte-espectáculo nun amplo ámbito xeográfico e nun contexto incomparábel como é a costa da cornisa cántabro-atlántica.

O 28 de setembro do 2003 rematou a primeira Liga ACT. A unanimidade de comentarios arredor do éxito da Competición realizados tanto polos medios de comunicación como polos afeccionados e seguidores, anímannos a continuar esforzándonos para que, tempada tras tempada, esta fermosa disciplina deportiva sexa un referente para os futuros deportistas, así como para todas aquelas entidades que entenden que o deporte é unha vía atrativa para poder aplicar a súa política de Marketing e Publicidade. No ano 2005 a ACT comeza a súa andaina sen o apoio dos Gobernos e coa colaboración de varios patrocinadores privados como Seguros Zurich e Relax. Por primeira vez a competición con 18 regatas prodúcese e retransmítese en directo integramente para toda a cornisa a través das televisións autonómicas e para todo o mundo a través da canle internacional da ETB. Na tempada 2006 a Asociación volta dar un paso cualitativo coa presenza do seu primeiro patrocinador principal, Cervezas San Miguel, e a partir desa tempada a competición pasa a se chamar Liga San Miguel.

O 2 de xullo de 2008 a asociación fai o seu 5º aniversario e a súa competición, a Liga San Miguel de Traíñas, comeza a tempada na EXPO ZARAGOZA 2008. Este mesmo ano, coa entrada de Caja Madrid como segundo patrocinador principal da ACT, a Liga inicia unha nova época. A partir da tempada 2013, el Trofeo del campeón pasa a se chamar Corona CaixaBank. Ese mesmo ano, a campaña arrincaría por primeira vez na historia da competición en augas do Mediterráneo, máis concretamente en Barcelona. Xa en 2014, Barcelona sería o punto de comenzo da décima segunda edición, o que co un total de 19 regatas eo gañador sería Hondarribia Orsa.

A decimoterceira edición da Liga San Miguel de Traíñas tivo como punto de partida a cidade andaluza de Málaga. A tempada de 2015 estivo conformada por 19 regatas das que NT2 Hondarribia levou 12, proclamándose así campión por segundo ano consecutivo. Pola contra, o Club Samertolameu descendeu, praza que ocupará Zumaia no 2016.

A tempada 2016, con un comezo fulgurante en Sevilla, viviu unha espectacular loita na competición entre NT2 Hondarribia e Urdaibai Avia. Despois de iren a remolque dos hondarribitarras durante boa parte da tempada, os 'txos' déronlle a volta á clasificación asinando unha segunda metade de tempada fantástica. Así, tras cinco anos de longa espera, os integrantes da 'Bou Bizkaia' deron logrado a súa quinta Coroa CaixaBank e daquela, ficar con ela en propiedade. Porén, Zumaia, que conseguira ascender en 2015 á máxima competición, e Portugalete Eulen, perderon a categoría, dando cabida a Ondarroa AE e CR Ares na Liga San Miguel, unha tempada que será a primeira para ambos equipos na máxima competición.

Precisamente o 2017 chegou á ACT con unha mudanza importante. Logo de 11 anos dando nome á competición, San Miguel pasou a manterse como patrocinador da ACT mais deixando libre o nome da competición masculina. Entón, Eusko Label, patrocinador de regata durante as últimas cinco campañas, fíxose cos 'naming rights' e a competición pasou a se denominar Eusko Label Liga onde se volta pór en xogo a Coroa CaixaBank. Un galardón que levou de novo Urdaibai Avia logo dunha estreita e dura pugna frente Hondarribia, que non se decidiu até as derradeiras padas. Cómpre sinalar, que un histórico da competición como Astillero canda Ares, descenderon, mentres que Santurtzi Iberdrola e Donostiarra acadaron o ascenso.

A tempada 2022 decidiuse na última xornada, na Bandeira El Corte Inglés desputada en formato de contra o reloxo. Bermeo Urdaibai e GO Fit Hondarribia chegaban moi igualados á última xornada, onde a Bou Bizkaia dominou a xornada conseguindo a súa oitava Coroa CaixaBank. A estrea na competición de Getaria foi espectacular, conseguindo un quinto posto na clasificación xeral, vogando incluso na quenda de honra en algunha regata. Na parte baixa da clasificación, CR Ares perdeu a categoría matematicamente, mentres que Lekittarra Elecnor defendeu a continuidade nos playoffs. SD Samertolameu Fandicosta foi o segundo equipo en ascender á Liga Eusko Label tras a desputa das dúas xornadas de acceso á máxima categoría. 

Na tempada 2023, Bermeo Urdaibai foi a clara vencedora da competición, conseguindo a súa novena Coroa CaixaBank. Zierbena Bahías de Bizkaia conseguiu tamén catro vitorias, o que a situaba de novo nos postos da terceira quenda. Ademais, os galipos acabaron coa racha de subcampionatos da Ama Guadalupekoa, e é que Hondarribia era a segunda clasificada da tempada 2016 á 2022, sendo terceira nesta tempada. Pola parte baixa, Samertolameu non deu esquivado a décimo segunda posición, e descende por terceira ocasión na súa terceira participación na Liga Eusko Label. Itsasoko Ama Santurtzi foi a décimo primeira clasificada, pero nos playoffs non puido asegurar a súa continuidade na máxima categoría e tras seis tempadas na Liga Eusko Label, descende para a ARC. Os seus postos serán ocupados por San Pedro, que volta á competición tras catro tempadas na ARC e CM Bueu, que se estreará na competición na tempada 2024.  

 

Vencedores da Eusko Label Liga - Corona CaixaBank:

  • 2003: SDR Astillero
  • 2004: Urdaibai Umpro Avia
  • 2005: SDR Astillero
  • 2006: Hondarribia Orsa
  • 2007: Urdaibai Umpro Avia
  • 2008: Urdaibai Umpro Avia
  • 2009: SDR Castro
  • 2010: Urdaibai Umpro Avia
  • 2011: Kaiku Ambilamp
  • 2012: Kaiku Ambilamp
  • 2013: Kaiku Ambilamp
  • 2014: Hondarribia Orsa
  • 2015: NT2 Hondarribia
  • 2016: Urdaibai Avia
  • 2017: Urdaibai Avia
  • 2018: Urdaibai Avia
  • 2019: Orio Babyauto
  • 2020: Santurtzi Transportes y Grúas Aguado
  • 2021: Santurtzi Transportes y Grúas Aguado
  • 2022: Bermeo Urdaibai
  • 2023: Bermeo Urdaibai
  • 2024: Bermeo Urdaibai

Vencedores Mellor Patrón CaixaBank:

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  • 2008: Irakoitz Etxeberria (Orio)
  • 2009: Ioseba Amunarriz (Hondarribia)
  • 2010: Aitor Carrillo (Orio)
  • 2011: Asier Zurinaga (Kaiku)
  • 2012: Ioseba Amunarriz (Hondarribia)
  • 2013: Asier Zurinaga, Cristian Garma (Kaiku)
  • 2014: Vicente Carpintero (Zierbena)
  • 2015: Jon Ormazabal, Endika Perez (San Juan)
  • 2016: Endika Perez, Unai Oliden (San Juan)
  • 2017: Ioseba Amunarriz (Hondarribia)
  • 2018: Ander Etxegoien (San Pedro)
  • 2019: Arkaitz Diaz (Donostiarra)
  • 2020: Asier Zurinaga (Santurtzi)
  • 2021: Arkaitz Diaz (Donostiarra)
  • 2022: Ander Etxegoien (Orio)
  • 2023: Gorka Aranberri (Bermeo Urdaibai)
  • 2024: Gorka Aranberri (Bermeo Urdaibai)