Novas 2024
ASOCIACION
27 Xan 2024
Bueu e San Pedro, novos socios da ACT
Os clubs pecharon o exercicio 2023 dando inicio á nova tempada.
A ACT desenvolveu esta mañá a primeira asemblea de 2024 na bodega Txakoli Ameztoi de Getaria. No encontro pechouse a tempada anterior para se centrar posteriormente en varios puntos ordinarios correspondentes á nova campaña.
Na primeira parte da asemblea, os socios aprobaron o exercicio económico do 2023 por unanimidade e a xestión da Xunta Directiva durante a campaña pasada, pechando deste xeito unha magnífica tempada de traiñeiras. Ao mesmo tempo, a Asociación deu a benvida a Bueu e San Pedro como novos asociados tras conseguiren no pasado setembro o ascenso á máxima categoría de remo de banco fixo. Á súa vez, os clubs dedicaron un "deica logo" para a Itsasoko Ama e Samertolameu tras a perda da súa condición de asociados desexando boa sorte a ambas entidades.
No segundo acto do encontro asembleario, tratáronse varios temas ordinarios correspondentes á tempada 2024, onde destaca o nomeamento do Dr. Cesar Sáiz como novo responsábel do Comité Antidopaxe que substitue ao Dr. Juan José Badiola. A Asociación de Clubs de Traiñeiras agradece enormemente ao Dr. Badiola o seu traballo, dedicación e profesionalidade ao longo destes 20 anos en que ocupou o cargo sinalado.